jueves, 12 de agosto de 2010


"COMO LEVAR UN MORTO” DE XESÚS RÁBADE PAREDES

Coñezo, estimo e admiro a Xesús Rábade Paredes dende fai moitos anos -escribía eu o 21 de Febreiro do 2002-. Se a memoria non me traiciona, dende o 1969. Un verso seu, inspirado se cadra na poesía, entón prohibida, de Miguel Hernández, fixo medrar diante de min, daquela profesor de Literatura no Colexio Manuel Peleteiro, a figura dun rapaz miúdo, tímido, de ollada triste pero inquisidora, ó que Xurado do Certame Literario “Minerva” acababa de distinguir co primeiro Premio e flor natural. Chegaba dende as terras de Lugo, na compaña do seu mestre, o profesor Xesús Alonso Montero, e doutro compañeiro de Instituto, Darío Xohán Cabana, tamén premiado no mesmo Certame, ámbolos dous, dende entón ata que a idade llo consentiu, detentadores do primeiro e segundo premios, dun xeito case alternativo, deste prestixioso Certame Literario.
O Xurado, composto por ilustres persoalidades das Letras –catedráticos da Universidade e dos dous Institutos de Santiago-, entendendo que a posible publicación da obra premiada era responsabilidade exclusiva do Colexio organizador do Certame, acordou nesta ocasión, non sen certas reticencias por parte dalgúns dos seus compoñentes, facer caso omiso dun verso no que o poeta soñaba futuros con nenos nacendo co puño pechad. Unha decisión que non logrou nembargante facer desaparece-lo desasosego que acababa de producir en tan culta xuntanza o poema dun rapaz de Lugo, máis concretamente de Cospeito, que, nun tempo de medos e silencios, berraba esperanzas de rebeldías e liberdade.
Tiven a sorte de poder seguir dende entón a brillante carreira literaria de Xesús, xa como amigos e, incluso, como compañeiros en aventuras, entre outras, como a fundación da revista institucional Anduriña, do suplemento O Correo Cultural de El Correo Gallego, ou mesmo como coautores na serie audiovisual Vieiros de Galicia. Vin, dende esta atalaia privilexiada da amistade, como seguía a medrar o poeta que eu descubrira un día nas festas Minervais do Colexio Manuel Peleteiro, e celebraba con orgullo de amigo os diferentes premios que recoñecían e aplaudían os seus indiscutibles méritos. Primeiro, no campo da poesía –o Manuel Antonio, o Galicia, o Esquío e o González Garcés- e, pouco despois, dende A terra prometida, premio Ateneo de Moaña 1974, no ámbito da narrativa, con títulos como Morrer en Vilaquinte, en colaboración coa súa dona Helena Villar Janeiro, tamén celebrada poetisa, que mereceu o Premio Galicia de narrativa da Universidade de Santiago de Compostela 1980, Saraverde (1987), A palabra secreta (1989) e Branca de Loboso, premio “Álvaro Cunqueiro” de narrativa, 1992, entre outros.
Quero endebén confesar que nunca logrei superar de todo aquel estraño desacougo que me dominou a primeira vez que tiven a oportunidade de ler unha obra súa. Direi máis aínda: Xesús Rábade, non só non renunciou nunca, como creador, os seus soños de espertador de inquedanzas e desacougos, senón que, dende a madurez que dan os anos, o estudo e o traballo, acentuou aínda o seu ton, acedo e crítico, á hora de interpretar, describir e recrear realidades que, evidentemente, non lle gustan, non compracen o seu ideal de soñador de futuros diferentes.
Cando lin por primeira vez a súa última novela Como levar un morto –na miña condición de membro do Xurado do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta do concello do Grove-, non sospeitaba que puidera ser Xesús o seu autor. E, non obstante, dominoume entón o mesmo desacougo que sentira sempre que enfrontei outras lecturas do benquerido amigo.
Sentinme, de certo, diante dun relato esplendidamente escrito –non teño ningún inconvinte en confesar que me pareceu o mellor e máis logrado dos trinta e tantos traballos presentados-, tan cheo de verdade sentida e vivida que non dubidei en adianta-la sospeita de que se trataba da obra dun autor maduro, feito, dono dos segredos da arte literaria; pero profundamente desacougante.
Tres votos contra dous déronlle o Premio a outro relato, Breve crónica universal da clase obreira, do escritor e xornalista Jaureguizar. O xurado recoñecía publicamente os méritos da novela de Xesús Rábade Paredes cunha mención especial e a recomendación da súa publicación, proposta esta última que aceptou inmediatamente Sotelo Blanco Edicións agasallándonos a todos coa súa presentación no mesmo acto da entrega de premios deste Certame grovense.
Nembargante, a maior distinción tiña de ser mesmo para min, ó consentirme a xenerosidade do autor o exercicio terapéutico de poder confesar en público as escuras razóns do profundo sentimento de desasosego e desacougo que sinto abrollar, no máis dentro, cando leo algo seu. Agardo só que os oíntes, ós que vos agradezo por adiantado a vosa comprensión, saibades facerme a gracia de entendelo así, disimulando, ata onde volo consinta a vosa xenerosidade, a pouca académica presentación que estou a facer desta novela de Xesús Rábade Paredes.
Rábade sinte coma min unha especial devoción pola historia, pola historia de tempos arredados e pola historia máis próxima. Pero, tanto nun caso coma noutro –As sombras do Barroco ou Branca de Loboso poden ilustrar perfectamente o primeiro suposto, coma Como levar un morto é un espléndido exemplo do segundo-, vista e recreada dende unha perspectiva tan actual, diría que case familiar, que o lector non pode evitar sentirse un personaxe máis da mesma. En ningún caso como un espectador alleo a súa peripecia; sempre, de certo, como un personaxe, non só comprometido, senón, incluso, dalgún xeito responsable do propio acontecer do universo narrativo que nos ofrece o autor.
E é mesmo nesta implicación, non necesariamente desexada, onde se atopa a razón principal dos desacougos e inquedanzas que poden espertar –que espertan- no lector as obras de Rábade, en xeral, a súa obra literaria, e, dun xeito moi particular, Como levar un morto.
Lembra-la historia é, sen dúbida, un recurso de enorme eficacia para evitar vivir de novo acontecementos que interrumpiron nun momento dado o normal desenvolvemento dunha comunidade humá. Os que esquecen, para alonxa-lo sufrimento dunha lembranza desagradable, están necesariamente condenados a poder vivi-la propia realidade que se esforzan en olvidar.
Vivimos na lembranza das cousas, dos outros e, aínda, do que soñamos. A desmemoria –a perda da memoria- é o camiño de volta do ser humán cara ó lugar que foi punto de partida do noso nacemento. Morremos no esquecemento.A lembranza do pasado é un exercicio de recoñecemento do que outros viviron como camiñantes dese camiño que nós mesmos estamos obrigados a continuar facendo. É un xeito de recuperación das súas vidas, unha resurrección, un modo de devolvelos a nosa beira para podermos compartir, intelectualmente, reflexivamente, sentimentalmente, experiencias que definitivamente renunciamos ter que vivir nós mesmos.
Os personaxes de Como levar un morto non son, de certo, simples entes de ficción, senón mortos resucitados, veciños, amigos ou familiares devoltos á vida polo poder taumatúrxico da palabra de Rábade. Pero que cada un de nós, cada lector, -estimulada a nosa memoria pola maxia desas palabras- facemos presentes, traxica e dolorosamente presentes nas nosas vidas de conformistas habitantes dun mundo esquecido de pasados pouco gratos. Porque Como levar un morto é, se cadra diante de ningunha outra cousa, a recreación dun universo de vivos nos que os únicos mortos somos precisamente nós mesmos.
A verdade, a verdadeira verdade desta novela, disimúlase só detrás dos nomes, dos nomes de persoas e de lugares. Unha verdade que nos fire –déixenme que repita a expresión que máis me gusta: “que nos desacouga”-, mesmo porque nos sentimos parte dela, porque non logramos enganarnos con só mudárlle-lo nome ás cousas, ás persoas, ós lugares.
E moitas veces, consciente ou inconscientemente, gustaríanos facelo: enganarnos, poder enganarnos, esquecer, continuar esquecendo. Como, se cadra lle pasa a Isaura Mougás, a doce coprotagonista de Como levar un morto, para o seu namorado, Amador Souto, “ás veces a Purísima e ás veces Dulcinea”, cando nun intento inútil por sosega-lo ánimo inquedo deste, non dubida en suxerirlle: “Contra o que ti cavilas, o silencio non mata se sabes gobernalo.” “¿Por qué –pregúntalle e pregúntase- sempre furgamos na memoria? ¿E por qué non deixamos que descansen os mortos?”.
Amador Souto, que lembra e escribe dende o psiquiátrico de Conxo ou dunha pousada dos Loureiros, non pode nin quere esquecer. “Isaura –respóstalle-, os nosos mortos non descansan en paz.” E o lector intenta entender, ten necesidade de entende-las razóns da diferente actitude de Isaura e de Amador Souto. Isaura, fuxida e alonxada do amor da súa vida, quere, desexaría poder borrar en Amador a lembranza da traxedia que foi e é aínda a súa vida nun mundo de posguerra, dunha posguerra "(in)civil", coa resistencia refuxiada nos montes e as súas familias vítimas da vinganza cruel dos que os condenan e persiguen. Amador Souto leva moitos anos alternando o seu encerro no psiquiátrico de Conxo cunha humilde pousada nos Loureiros. E segue a facer memoria do seu tempo de neno, das mentirosas lecturas escolares de La Historia de Espña contada con sencillez de José María Pemán ou do Camino recto y seguro para llegar al cielo; das lecturas que representaron illas de doce refuxio como o Quixote ou as historias de Tristán e Iseo; da morte de seu pai, asasinado na gabia dun camiño; da morte de Etelvina, do asasinato de Etelvina, a nai da súa Isaura; da morte de súa nai Lola; do seu grande amigo o Cacharrón; do seu parente o Roxo, ó que lle "deron paseo pouco antes que ó pai"; de Don Fidel da Feira, "bo escolante e moi boa persoa"; e de Fermín Calveiro, "de mal nome o Estirado e tamén Teso", e da mestra a Pardeira, "un toxo bravo", e de Don Feliciano, "o mal crego e malcristián", e dos mortos que dormen na Lagoa da Lama...
"Na Lagoa da Lama –escribe Amador Souto- disque dormen aínda os vellos moradores. Bradan por veces desde o fondo das augas para que os vivos non perdan a memoria. Pero esta terra, Isaura, xa case non recorda. Vai indo para vella -tamén- e para morta." "Dámaso Alonso escribe: 'Madrid es una ciudad de un millón de muertos'. Aquí, dentro de pouco, non se contan."
Por iso se fai obrigado lembrar. "Hai que volver á fonte" -insiste Amador-. "De vez en cando hai que volver á fonte das augas para que os vivos non perdan a memoria. Anque polo camiño tropecemos cos mortos. Anque doan os mortos que nos chaman."
A nós gustaríanos non ter escoitado. "Mesmo a memoria -como nos avisa o propio Amador Souto- ó recordar ten medo." E as historias que vivimos ou escoitamos de nenos fanse lembranza nas lembranzas de Amador Souto. E ata nós chegan cada tanto os berros dos mortos que pensabamos definitivamente dormidos nos seus fosos.
"A terra, Isaura -escribe Amador-, sabe apertar os ósos na hora da verdade, nas únicas verdades terminantes da vida: o amor e máis a morte." Pero, como pensa o doutor Domingo Vilanova, o médico que coida da saúde de Amador Souto,"nunca o pasado, por fondo que se enterre, pode atopar na cova a morte definitiva".
E un fondo desacougo fai dubida-la nosa seguranza disimulada no refuxio do silencio, no tobo do esquecemento.
As lembranzas de Amador Souto, un rapaz que "cursaba estudios de bacharel por libre cando o chamaron para servir á patria", debuxan un mundo especialmente duro, dominado pola crueldade inmisericorde dos vencedores, e soportado polo sufrimento e o silencio dos vencidos. "De temperamento máis ben sentimental, menos intelectivo que afectivo", Amador Souto lé, reflexiona, lembra e escribe dende o seu reclusorio do psiquiátrico de Conxo e da pousada dos Loureiros, como unha terapia aconsellada polo médico.
O relato achégase, na súa estructura e, sobre todo, no seu contido e lingua, ó que poderíamos chamar un poema épico en prosa, en once cantos. Un canto épico-lírico do que, como como nos lembra o amigo que se faría cargo de dar ó prelo esta obra, o propio Amador Souto dicía: “o canto que cantamos é como un río acedo que zumega recordo, só recordo; que queima conxelado nas canles da memoria, petando xordamente dentro das mil comportas." "Non é -como insiste noutro momento- ningunha lenda todo isto, nin ningunha elexía. Oxalá fose. Oxalá o río virase o curso un día e mudase o seu canto."
Un canto épico caracterizado pola sinceridade do íntimo, porque o autor, "Amador Souto, sabe ben o que quere e esgota toda a tinta do tinteiro. Pésalle moito o noxo e non esquece. Cando vomita baléirase por dentro,que nisto non lle gusta deixar nada".
Nin os documentos oficiais, expedientes nos que se recollen, ó seu xeito, informacións sobre algúns dos desaparecidos que figuran nesta historia, nin as cartas, a de seu pai deixándoo encargado do coidado de súa nai, ou as fermosísimas cartas de amor de Isaura -engadidos por consello do amigo que alenta a escritura deste relato-, diminúen en nada o profundo sentimento lírico do mesmo. "Entre as catro paredes macizas do psiquiátrico -confesa Amador-, ou che dá pola lírica ou ben te volves tolo."
Pero é, sobre todo, a lingua, na selección dun léxico no que se escoita o falar puro e doce da Terra Chá, e na súa coidada e rítmica sintaxe, coma os ondas do río que é a vida, recursiva, a que define e mellor explica o senso musical deste doorido, acedo e lírico canto."¿Quéresme ler -pídelle Amador ó seu amigo- o último que fixen? Dáme a impresión de estar nunha espiral, quizais nun remuíño ou círculo pechado... Se me convence a música, xa acabo."
Unha novela, de certo, para ler despacio, diríamos mellor, para escoitar no silencio ou, como lle gustaría a Amador Souto, coa sonata Luar de Beethoven como fondo, aínda que nos poña, como a el, un pouco tristes. Non lograremos, quizabes, librarnos do desacougo que produce o encontro cos nosos mortos. Pero poderemos descansar como Amador Souto escoitando e sentindo a fermosa esperanza de Álvaro Cunqueiro

"Pero eu resucitarei, que soio volven
os que recordan, compañeiros."

jueves, 15 de julio de 2010


“AZUL COBALTO” DE ALFREDO CONDE

“A novela –dicía Otero Pedrayo nun dos seus famosos “parladoiros”, La Noche, 3-III-1947- orixínase na fame de saber o que é o home ou muller, como si un ánxel lle mirara a ialma: é a aureola da ialma.” “O máis lexano á novela –engadía o mestre de Trasalba- son as memorias e confesiós, porque fai de ánxel –de lus ou de tebras- o propio suxeto.” A novela ten de ser, pois, diante de nada invención, é dicir, ficción, “xa que –como dicía Otero no artigo antes citado- os fillos dos homes son enigmas, aquécese a sede (de saber) nos fillos da fantasía”. É tan así que autores tan recoñecidos como o portugués Miguel Torga non poideron disimula-lo seu descontento diante daqueles lectores que, crendo verse reflectidos na súa obra, se sentiron vítimas da acusación de seren mesmo, máis ca verdadeiros novelistas, simples “ficcionadores da realidade”.
Mais se nunca o novelista pode prescindir da realidade –como dicía Otero: “cantas máis notas da realidade colla un novelista tanto máis feitiño lle sairá o persoaxe”-, no caso da novela histórica esta facilidade pode, de certo, convertirse na súa maior dificultade. A verdade obxectiva, da experiencia, ten, se así o esixe a documentación coñecida, de sustituí-la mesma verdade literaria aínda con risco de poñer en perigo a verosimilitude do relato. E moitas veces a realidade amósase máis absurda e incrible ca propia ficción, ou, dito doutro xeito, a realidade supera á mesma imaxinación.
Alfredo Conde non era alleo a estas dúbidas cando enfrontou a súa novela Azul cobalto, a historia posible do marqués de Sargadelos, un ilustrado do século XVIII, creador da fundición e fábrica de cerámica do seu nome, e ”un dos primeiros e máis teimosos introductores do enciclopedismo e avances tecnolóxicos” no noso país. No “limiar necesario” que sirve de pórtico ó relato, Alfredo Conde, nese xogo literario con que convirte toda aparente axuda interpretativa ó lector nun recurso de verosimilitude, intenta xustifica-la presencia na súa novela duns espacios que na ampla documentación utilizada son só “silencios”, “silencios e adiviñacións”. Nas súas palabras, lúcidas e actuais, contense dalgún xeito a súa verdadeira poética deste xénero. Escribe:
“Este libro non é, polo tanto, unha biografía imposible, senón tan só unha historia imposible, fabulada arredor dos datos certos sabidos acerca dun home extraordinario. Pero puidera ser unha biografía, se é certo que a historia non é máis ca organización do pasado en servicio dos intereses do presente. Ou ben se non é mentira o que conta Heine de que un deus durmido soñaba que estaba a crear un mundo e que o mundo o era; ata que o deus espertou e alá se foi o mundo, da par co soño no que se sostiña. Se admitímo-lo que suxire Heine e se estamos de acordo con Flaubert en que un novelista é un pequeno deus, creador de mundos que soña ata que esperta deles, ou ata que o lector os habita, este libro poidera ser unha biografía. Pero resulta que é unha novela. Así debe ser lido.”
Penso que é mesmo a cualidade máis relevante do novelista Alfredo Conde a súa capacidade para crear e estructurar complexos universos nos que a autenticidade dos seus personaxes contribúe a facelos especialmente atractivos para o lector cobizoso de habitalos. Un mundo que, Azul cobalto, é unha peregrinación, a mesma que fai o marqués de Sargadelos dende a a súa fábrica destruída ata a destrucción de si mesmo, na ansia de “saber se dentro del estaba a causa da revolta dos seus traballadores”, é dicir, ó encontro consigo mesmo.
Este é o obxectivo de Alfredo Conde: amosarnos a través da historia do ilustrado Marqués, do seu pensamento e dos seus soños, dos seus amores e dos seus odios, das súas dúbidas e debilidades, do carácter das súas relacións cós demais, a verdade dun home, nun tempo e circunstancias moi concretos, que como “un pequeno deus, cruel e poderoso, omnipotente e sabio”, foi quen de construír un mundo, “pequeno pero enteiro”, como Sargadelos. Un mundo que o novelista olla dende dentro, transformando o dato histórico en lembranza -pasado evocado-, e outorgándolle todo o protagonismo –presente literario- ós “silencios e adiviñacións” da documentación consultada.
Sargadelos é o punto de partida e de chegada, sempre presente na memoria do Marqués, comezo e final do intrincado camiño que foi a súa vida. Un camiño no que Oscos e o primo Josef Lombardero, Vilanova de Oscos e o seu ilustrado mestre Frei Venancio, Ribadeo e a amistade do herdeiro da Casa de Guimarán, Bernardo Filipe, constitúen o espacio real no que se move en presente “el, o fillo do escribán, o mesmo que se está a quedar ensimesmado mentres axexa os seus espacios interiores, unhas veces na busca da sombra do seu pai, outras na da súa nai ou mesmo da súa propia, quen sen dúbida ha andar tamén a pasear por eles”, o home que “encheu de cravazóns os barcos todos de El-Rei, de ferro as bocas dos seus canóns, de potes as lareiras todas do país”. Porque “a vida é unha viaxe que dota ós humanos dos máis estraños, dos máis disparatados, mesmo dos máis complementarios compañeiros de viaxe”.
Esta é a intelixente estructura de Azul cobalto, unha peregrinaxe na que a historia, feita lembranza, non é máis real que os pensamentos, inquedanzas e desacougos dos seus personaxes. O autor que sabe –insistirei nesta técnica narrativa de Alfredo Conde- que o tempo presente na novela, como o diálogo, fai ó lector testemuña directa acentuando a verdade do narrado, presenta sempre os soños en primeiro plano, reservándolle ó da reflexión e ó dos recordos aquilo que, en xeral, pertence ó plano da experiencia obxectiva do lector. Algo, por outra parte, do que é vítima o propio protagonista cando despois dunha pequena colación bota anda-lo camiño co que estivera soñando pouco antes. “É a segunda vez que o percorre en poucas horas, a primeira foi no soño.” Pero “a sensación que garda da primeira é tan certa, tan real coma a de agora mesmo, diríase que aínda máis”.
Despois de todo, a verdade literaria non é menos verdade que a da nosa experiencia. Se cadra só distinta. Non é máis verdade a fundación da fábrica de cerámica de Sargadelos que a introspección que realiza o seu fundador diante do retrato que lle fixera o propio Goya e que agora leva consigo como único obxecto merecedor de ser salvado por el da desfeita da súa fábrica. Do primeiro temos noticia polos documentos que se conservan daquela época, mentres do segundo sabemos escoitando directamente o latexar do corazón do propio Marqués, respirando o seu alento, sentíndonos contaxiados dos seus medos.
Nada, neste senso, máis auténtico e real que Lucinda, o amor secreto dos seus derradeiros anos. A proximidade da morte, aínda que Antonio Raimundo Ibáñez siga pensando en poder esquivala, dálle ó seu testemuño un valor especial. E, naqueles momentos, “Antonio pensou en todo canto tiña atesourado nas cámaras (ocultas), en cómo podería quedar destruído de novo Sargadelos, se de novo se decidían a iso os vellos fidalgos e mailos cregos, ou el mesmo, en que calquera temporal lle podería levar un barco e máis en que, a última hora, o máis seu de todo era aquela moza aldeá que nada lle pedía e tan só se limitaba a chorar por el caladamente.”
Todo é verdade en Azul cobalto para facer verdade a figura excepcional de Antonio Raimundo Ibáñez, un ilustrado que loitou, dende a súa persoal maneira de entende-lo mundo no que lle tocou vivir, por alcanzar un recoñecemento que pensaba merecer. A súa familia, os seus amigos e enmigos, as súas empresas, os seus pecados e acertos... Ata a paisaxe, natural e urbá, dos Oscos, de Ribadeo, de Ferrol... conta cousas do home que nos lembra a cerámica de Sargadelos.
Penso, de certo, que Alfredo Conde nos agasalla nas súas edicións en galego e castelán –Edhasa, 2001- de Azul cobalto unha das súas mellores novelas. Apaixonante no desenvolvemento da acción, maxistral na súa composición, conmovedora e tenra no tratamento dos personaxes... Pero, sobre todo, auténtica no retrato dun tempo e unhas circunstancias, que son, gústenos ou non, parte importante da nosa propia historia.
Un libro, en fin, que de certo merece a pena volver a ler.

viernes, 9 de julio de 2010


LIBROS PARA VOLVER A LER:
XAVIER QUEIPO E O RELATO DE FICCIÓN CIENTÍFICA

Voltemos a un autor do que me sinto particularmente devoto: Xavier Queipo. Coa súa última obra diante de min, Cartas marcadas, non podo menos de lembrar este artigo que publiquei sobre el e a súa obra no xornal El Correo Gallego. Para min segue tendo toda a actualidade daquel momento. Dicía así:

Nun artigo case xa esquecido –“Aproximación á idea dunha narrativa galega actual”, en Premios Pedrón de Ouro 1985-1986- intentaba, dende unha preocupación esencialmente didáctica, apunta-los camiños que, dende o meu punto de vista, estaba a debuxar unha narrativa galega con vocación de universalidade na modernidade. Non se sinalaban alí, evidentemente, nin os camiños posibles nin tan siquera tódolos iniciados naquel momento. Non era ese, de certo, o obxectivo daquel traballo. Pero a ausencia naquel deseño dun xénero como o “relato de ficción científica” paréceme hoxe enormemente significativo, sobre todo cando penso que é mesmo unha xeración de narradores universitarios a principal protagonista do alto nivel alcanzado pola nosa narrativa actual.
Xavier Queipo, o iniciador e consolidador desta nova corrente na narrativa galega, publica o seu primeiro libro de relatos –Ártico- en 1990, Premio da Crítica Española. Logo irían aparecendo Ringside e Diario dun nómada (1993), Contornos (1995), O paso do noroeste (1996), Mundiños (1997), Manual de instrucción e Malaria sentimental (1999), e agora, na colección Narrativa de Edicións Xerais, 2001, unha nova novela, Papaventos. No ámbito da investigación vén de publicar, en colaboración con Fernando Lahuerta Mouriño, o Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos (nome científico, galego, español, inglés, francés, portugués) -Xunta de Galicia, 2000-, un traballo que, para o que non saiba que Xavier Queipo é un biólogo que forma parte da Comisión de Pesca da UE en Bruselas, pode ser unha boa orientación na aventura de disfrutar do labor literario deste autor.
Papaventos, nembargante o rótulo con que encabezamos este comentario, significa na traxectoria narrativa de Xavier Queipo un camiño moi diferente do que, por exemplo no contexto do “relato de ficción científica”, representan os microrrelatos de Mundiños ou a novela O paso do noroeste, distinguida co Premio García Barros 1996, “ex aequo”. Condición que, non obstante, non lle permitirá ó lector esquecer algunhas das mellores cualidades destas.
Efectivamente, o autor, nesta nova entrega ó lector, tece o seu relato arredor dunha anécdota, sen dúbida suxerente, pero de todo común, na que o compoñente de “ficción científica” non ten nigunha presencia. Francis, un mozo de Padrón, profesor de literatura hispánica en Chicago, que traballa agora como consultor, editor literario e traductor nunha editorial de California, recibe o encargo da tradución de Ensaio sobre a cegueira de Saramago no momento en que lle acaban de diagnosticar “unha enfermidade dexenerativa de retina”, de carácter progresivo, que o vai deixar cego nun prazo de seis meses. Unha traxedia humana na que, nin o amor da irlandesa Rose, que traballa nunha consultora de informática en San Francisco, nin a lembranza e reencontro coa súa terra de orixe, logran diminuíla intensidade do medo e obsesión con que a ameaza de cegueira o envolve.
Francis disfruta un contexto cultural que non lle gusta, mergullándose no amor que lle agasallan personaxes dunha sensibilidade tan exquisita como Andy ou tan xenerosa como Rose, rematando por interiorizalo coa mesma intensidade con que a sombra da cegueira se lle fai presente. O resultado é un universo íntimo, de profundos contrastes e variados matices, no que o autor logra introducirnos, máis que coma espectadores privilexiados, coma verdadeiros compoñentes do mesmo.
Un mundo no que a necesidade do éxito define o comportamento de personaxes como Martin ou mesmo condiciona a vida de criaturas como Rose, no que o tempo, cun ritmo en exceso acelerado, modela os máis insignificantes acontecementos -“Logo dunha ducha de urxencia –entrar, mollarse, enxaboarse, mollarse, secarse- estaban listos para un almorzo tamén rápido”-, un mundo no que Francis, sen renuncia-la súa propia identidade, intenta descubri-la presencia de algo de si mesmo. Diante do espectáculo duns mozos surfistas na costa de San Rafael a San Francisco, Francis reflexiona, comprensivo e desilusionado: “A súa vida non fora, non era en realidade moito peor cá daqueles rapaces que pasaron do berce ó monopatín e da escola á táboa de surf, e de alí, coa asignación que o xuíz decidira no divorcio dos pais e o complemento dun traballo a tempo parcial nunha pizzería ou nun taller, á universidade, ou a viaxar polo mundo na procura das ondas, de Hawai a Tarifa, de Australia ás Illas Maldivas, sen outra responsabilidade que ser novos e solidarios, ecoloxistas arcanxélicos, defensores de utopías filmables, e tamén algo artistas, soñadores de gárgolas mariñas, de homes anfibios e animais quiméricos e rizosos acamados nas escumas.”
É, nembargante, a presencia permanente de Galicia, un país, que a mesma Rose, imaxina “curioso e estraño como poucos, perdido na néboa dos tempos”, un país que, incluso unha vez recuperado na volta a el do protagonista, segue amosando a cara dun mundo no que moitas cousas “xa non son, pertencen exclusivamente ó mundo das lembranzas e dos soños”, o que lle permite a Francis seguir sendo el mesmo. Unha presencia que se fai especialmente real no relato de “anécdotas da súa infancia nos arredores de Padrón” –“tardes de verán, que daquela semellaban infinitas na súa duración e agora tan afastadas e tan tristes”-, e no arranxo de pratos da terra como o “polbo á maneira da Illa de Arousa” ou a raia seguindo unha “receita da súa bisavóa materna, unha muller rexa da comarca muradá, experta en peixes e embarazos, algo despótica no trato pero boa cociñeira”.
Aínda que nesta novela, Papaventos, a lingua de Xavier Queipo se suaviza e adelgaza fronte á utilizada en obras anteriores, amosándose máis natural e familiar –“nin farrapos de gaita”, “no cabo do mundo”, “a conta da vella”, “o conto da leiteira”, “prenda do meu corazón”...-, o clima cultural que recrea e a especial devoción do autor pola precisión, científica, fai que esta se caracterice pola presencia de numerosos cultismos preferindo, por exemplo, “espástico” –unha aperta espástica”- a “espasmódico” (de “espasmo”), ou “estocástico” –“bolboreta de rumbo estocástico”- a “ventureiro” (“sen orientación”, “sen destino”), ou expresións como “marcar territorios” fronte, por exemplo, a “agruparse por afinidades de clase ou de gustos”. Carácter culto que se acentúa aínda máis no emprego de citas ou referencias –cancións, modismos- de linguas como o inglés, o francés ou o portugués.
Poderíase pensar que, de certo, o ton culto da súa lingua é, nesta e noutras obras, un alongamento do estilo propio do seu xénero o “relato de ficción científica”. Non debemos, nembargante, esquece-la importancia que Xavier Queipo lle concede á lingua. ¿En quén estaría, por exemplo a pensar cando o seu personaxe, Ros, a fermosa e intelixente irlandesa, se pregunta intentando adiviña-la razón da importancia de Saramago: “¿Qué obxecto tiña escribir nunha lingua que non fose inglés se todos os programas de ordenadores estaban en inglés, se os negocios se facían en inglés, se dos cen mellores escritores do mundo noventa e cinco escribían en inglés?”
Unha novela, en fin, para un lector intelixente, dun dos máis sólidos valores da nosa narrativa actual.

miércoles, 23 de junio de 2010

LIBROS PARA VOLVER A LER: UNHA NOVA PERSPECTIVA PARA ENTENDER A NARRATIVA GALEGA ACTUAL

Nesta miña teima por recuperar para este novo medio textos anteriores, actualizados, merece a pena lembrar esta introdución que pretendía, nunha valoración global dun ano determinado, ser xustificativa, xa entón, dalgunhas das miñas manías como comentarista literario. Nesta ocasión non me pareceu necesaria ningunha modificación do mesmo. Dicía así:

"Insistir hoxe na vitalidade e importancia da narrativa galega actual, tanto no campo da novela coma do relato curto, parece, evidentemente, de todo innecesario. Abonde, se non, comproba-la atención que o noso mundo editorial -as editoriais galegas- están a prestar a este xénero literario en detrimento, incluso, de xéneros, tan consagrados coma a lírica, do ensaio, tan necesitado aínda dos coidados dunha preocupación normalizadora da cultura galega, e, non digamos, do teatro, incapaz, ó parecer, de atopar un espazo estable entre as diferentes coleccións con que cada editorial nos oferta o resultado da súa preocupación polo universo literario galego. O mesmo paso cada día de autores recoñecidos no cultivo doutros xéneros ó ámbito da narrativa -experiencia, sen dúbida, enriquecedora para a literatura en xeral- acentúa, en calquera caso, o risco dun protagonismo excesivo deste xénero fronte a autros moi importantes, aínda que se cadra, con moito menos atractivo comercial.
Pero tal situación está, ademáis, a producir un efecto particularmente perigoso para o futuro das nosas letras. Os criterios que rexen o mundo da publicación -algo que nin nos pode sorprender nin podemos tan siquera criticar- están lonxe de se interesar por aspectos que non teñan relación directa co futuro éxito da obra que se decide dar ó prelo. E, evidentemente, o nome coñecido -aínda que só sexa como resultado da súa frecuencia de aparición na portada dos libros-, polo menos nun primeiro momento, vai vender máis ca outro que ó lector non lle soa ou lle soa menos. O resultado final podería, deste xeito, terminar sendo un empobrecemento xeral dun campo literario que hoxe parece disfrutar de tan boa saúde.
Non vou nesta ocasión lembrar nomes que, nun momento dado, figuraron nos titulares dos periódicos coma gañadores dun premio literario importante e que hoxe, dende fai, sen dúbida, máis tempo do necesario, parecen esquecidos do público e, o que resulta moito máis grave, das editoriais que, con tanto entusiasmo, se facían onte portavoces do seu descubrimento.
Non teño ningún reparo en confesa-la miña coincidencia cun grande amigo que soe dicir que os grandes creadores olvidados, con abonda frecuencia, disfrutan de mellor consideración nese estado que cando, por calquera rara circunstancia, tomámo-la decisión de resucitalos. Efectivamente, é necesario, de vez en vez, sofrir esa témera decisión da escolleita, pero sen esquecer que tal decisión lle corresponde ó lector e nunca ó centro de poder que pode ser, neste caso, unha empresa editorial ou unha subvención institucional, ou, o que é moito peor, o acordo de renuncia-la súa lectura na escola en favor simplemente doutros nomes máis ou menos suxeridos pola publicidade ou outros medios menos recomendados.
A cuestión é, claro, moito máis complexa do que aquí é posible explicar. Pero non dubido que o lector avisado entende de sobra o que estou pretendendo dicir. Coido, simplemente, que o público lector, interesado na nosa literatura, debe saber que o feito de que determinados autores parezan empeñados en lograr un currículo de premios que acrediten a súa verdadeira valía como escritores non depende só da súa cobiza por gañar un diñeiro que doutro xeito, non pagan as editoriais -disto sería necesario falar tamén con máis vagar-, ou que, simplemente, estes autores que permanecen calados, teñan renunciado continuar escribindo. Na maioría dos casos -é necesario salientalo unha vez máis- aquel que pretenda publicar unha novela ou unha colección de relatos, en galego, -insisto na preferencia que disfruta hoxe este xénero-, está apañado se o seu proxecto de edición non vai acompañado dun premio ou distinción literaria nalgún dos concursos que se convocan cada ano no noso país. -¡Que foi premio "Blanco Amor", "Xerais" ou "Modesto Figueiredo" -por citar só tres dos certames máis coñecidos-! -E ¿que? ¿Cal é o premio que ten a obra que agora pretende publicar? As excepcións, sendo estimables, están lonxe de representa-la realidade da narrativa galega actual.
Eu, persoalmente, non teño nada en contra dos concursos literarios, que, hai que dicilo, non poden se-lo único baremo de calidade dunha literatura que se inscribe, coido que con todo dereito, no ámbito da literatura universal. É necesario, polos medios que sexa, darlle a oportunidade ó lector de opinar e decidir sobre o interese e valía de autores menos coñecidos, de autores que, polo menos, lograron un día supera-la proba dun certame, de autores que se achegan por primeira vez a unha editorial para ofreceren o resultado dos seus desvelos de creadores confiados simplemente no veredicto dun lector obxectivo, sen prexuízos sobre o seu nome ou o seu pasado.
Máis dunha vez teño escoitado que é tempo xa de facer crítica dura, desmitificadora de valores pouco demostrados, denunciadora, en calquera caso, da escasa calidade que ofrecen determinadas publicacións en lingua galega. Se acadamo-la madurez que pregoamos, é necesario, tamén, aprender a soporta-la crítica que poña de relevo os desacertos e insuficiencias de obras e autores que non están á altura das circunstancias.
Penso que non. Creo, de certo, que a literatura galega actual ten a dignidade necesaria para figurar ó lado das outras literaturas coñecidas, pero non coa forza e poder suficientes para enfrontar retos que poñan en perigo este momento de xustificada satisfacción. ¿Cantos grandes novelistas podemos contar en lingua galega? ¿cantos grandes poetas? ¿cantos autores dramáticos?... Quero seguir pensando que escoito latexos de futuros mellores, que serán posibles edicións de 10.000 ou 25.000 exemplares nunha primeira tirada, que o lector vai te-la oportunidade, lexítima e irrenunciable, de aclamar grandes figuras e silenciar, co seu olvido, a máis dun grande autor que folga hoxe feliz no éxito duns premios e dunhas distincións, que non pasan de ser -insisto- un berro de alento e de ánimo para empresas que todos agardamos deles. ¿Imos pretender nós ignora-lo peso dun futuro que aínda non dixo ren.
Non desemularei a miña sospeita de resultar, neste primeiro achegamento, persoal, á literatura galega deste momento de deixarnos, en exceso ambiguo e falto de referencias concretas. ¡Naturalmente! Pero prometo voltar con máis calma nun próximo artigo sobre este mesmo tema. Non, de certo, coa pretensión de conquerir entón a coincidencia que non logrei con estas palabras: na seguranza, sinxelamente, de estar a cumprir coa obriga de manifesta-la miña aberta simpatía polos máis novos, por todos aqueles que soñan contribuir, dende o seu esforzo persoal, á grandeza dunha literatura que,¡ela si!, está a agardalos. Eles tamén, neste intre de reconto de éxitos dun ano concreto, teñen o dereito de que alguén sexa a súa voz no medio de tanto silencio."

martes, 22 de junio de 2010

LIBROS PARA VOLVER A LER: "A saga da illa sen noite"



Volvo ao meu BLOG cando xa unha gran cantidade de xente ten arranxadas as súas maletas para emprender unhas vacacións alonxados do cotián, da monotonía de todos os días. Unha ocasión, á que non quero renunciar, para aconsellar a lectura como a mellor fuxida do aburrimento, e un encontro feliz co mundo das nosas máis cobizadas fantasías. Dende tal crenza, vou permitirme lembrar algunhas das miñas máis queridas lecturas.

A SAGA DA ILLA SEN NOITE
Resulta, neste sentido, gratificante atoparse de novo con Xoán Bernárdez Vilar, o impenitente viaxeiro dos mares que navegaron ó encontro de novos mundos os antigos habitantes do noso chan, nosos lonxanos antepasados, e aqueles outros pobos cós que ó longo dos séculos mantivemos relacións de carácter moi diferente segundo as circunstancias e as necesidades dos tempos. Non só para facer memoria dun pasado que é parte do noso patrimonio cultural, senón tamén como un intento de comprensión de nós mesmos.
Non é, de certo, a súa novela, A saga da illa sen noite, un ensaio, nin unha lección de historia, aínda que sexan mesmo a reflexión e o dato histórico, os que orientan este novo relato de Bernárdez Vilar. Apaixoado devoto do coñecemento do noso pasado, este fillo de Marín -mariñeiro, pois, por nacemento pero tamén por vocación- na súa navegación, durante moitos anos, da fachada atlántica europea na compaña da Ora marítima de Rufo Festo Avieno, ten descuberto máis dun dos seus misteriosos segredos. En ¡Ouveade, naves de Tarsish!, novela publicada en Edicións do Castro (1983), facía posible o noso encontro cós míticos oestrimnios e o seu mundo, para en 1986, No ano do cometa –Premio “Xerais de novela”- permitirnos asistir, na compaña do bretoñés Maeloc, á loita dos bretoñeses galegos ó lado dos normandos do Duque Guillerme, como enviados do rei Don García de Galicia.
Nesta última entrega, A saga da illa sen noite –“Premio de narrativa, 1999” do concello de Vilalba- podemos participar no poboamento de Islandia polos viquingos no século X, protagonizada polo ferreiro noruego Nattfari, a súa compañeira, a cativa irlandesa Rauda, e o irmán desta, Nestur. A exploración das novas terras, ás que chegan os "noruegueses" pasando polas Orcadas e as Feroe, vai seguida dun primeiro asentamento en “A baía da Casa” en Húsavik, que se fará definitiva na “Baía de Nattfarí”, lugar no que se establecen tres compoñentes daquela primeira expedición.
Sendo os datos xeográficos e históricos, os que, sen dúbida, condicionan dun xeito máis evidente o relato de Xoán Bernárdez Vilar, é, nembargante, a necesidade de reconstruí-lo universo cultural, humán, daquelas xentes e daqueles tempos, o que mellor o caracteriza. Son os costumes, as crenzas, a vida, o mesmo ser humán, as cousas que o desacougan. Xa o bretoñés Maeloc pensaba:
“Era posible que un pequeño exército normando puidese asegurarlle a don García e á infanta Cecile o goberno dun país sobereano. ¿Pero, quen podía garantir que o que acontecera en Inglaterra non se ía repetir en Galicia?” (...) “Non porque foran daneses, normandos, nordomanos, leodomanos ou almiuces. Agora sabía que tódolos homes eran iguais no combate.”
A razón da aventura viquinga no poboamento de Islandia non foi, de certo, a conquista, senón a ansia de liberdade e a esperanza dunha “vida ceibe e digna”, á busca dun lugar no que o amor poidera facer posible a convivencia daqueles para quen “o combate e a morte eran a auténtica esencia da vida” –os viquingos- con aqueles outros que, coma os irlandeses, facían do entendemento, a través da “concordia e a moderación”, a máis importante das virtudes do ser humán.
Un fermoso relato, en fin, que, nas mans dun profesor con vocación de sacrificio e desexos de abrir ventás ó pensamento dos seus alumnos, pode constituír un punto de partida espléndido para un debate enormemente productivo sobre o léxico mariñeiro e a súa actualidade, e, sobre todo, sobre o tópico das diferencias excluíntes e as nosas mesmas actitudes como seres que nos xulgamos libres e racionais. Un relato, en definitiva, no que o lector, sexa cal sexa a súa condición, se sinte convidado a unha paixoante viaxe cara a adentro de si mesmos, cara ó interior do seu mundo máis escuro.

jueves, 25 de marzo de 2010

EDUCACION AMBIENTAL: PRESENTE Y FUTURO DE LA ECOLOGIA

Nun contexto cultural xudeo-cristián, a recuperación do perdido Paraíso Terreal polo primeiro home é, sen dúbida, o símbolo fundamental da conquista da Felicidade. Empeño no que o ser humán, incapaz de renunciar conquista tan importante, está sempre disposto a empregar tódolos medios ao seu alcance.
Tal empresa endebén, impedida polo mesmo Deus, parece, cando menos, unha utopía inalcanzable, un soño imposible. Situación da que é plenamente consciente o home, disposto, nun acto de realismo merecedor de mellor sorte, a substituílo por unha transformación do mundo no que está condenado a vivir nese "edén" nunca esquecido, vendo nos atrancos que lle ofrece a natureza a oposición mesma do Deus que atrancou as portas do seu Paraíso coas espadas de fogo dos seus propios anxos. Incluso aqueles que se confesan ateos, non crentes, non poden, neste sentido, anular de todo o poder oculto do seu inconsciente.
A lectura, fai xa algún tempo, dun libro como Educación ambiental: realidades y perspectivas, dos profesores J.A. Caride (Coord.), M.D. Candedo, P.A. Meira, M.J. Mosquera, A. Requejo, C. Rosales y M.A. Zabalza, motivara un breve artigo que agora me gusta volver a ler. Trátase, de certo, dun traballo universitario que, na perspectiva da educación, se inscribe no contexto desta problemática de tanta actualidade e urxencia para o home de hoxe. Analizando, primero, a realidade do problema nas nosas circunstancias actuais, e intentando, a continuación, ofrecer as perspectivas posibles dun futuro próximo dunha presentación educativa que asuma a súa parte de responsabilidad na loita por conservar o único mundo do que dispoñemos para vivir e que estamos a punto de facer inservible para la vida, convertíndoo simplemente nun arrepiante cadaleito.
O artigo que publiquei entón, en castelán, dicía así:
Que el hombre desde un principio, desde el momento en que tuvo conciencia de si mismo, se ha visto presionado por la necesidad de afirmar, antes de nada, su propia identidad, en cuanto ser extraño en un contexto desconocido, y a intentar asegurar su supervivencia y su futuro, en un medio que, de un modo sorprendente, se presentaba como su único espacio vital, parecen hoy verdades que nadie se atrevería a poner en duda. Las distintas respuestas del hombre a esta situación irán, evidentemente, variando a lo largo del tiempo. Soluciones de carácter social, político, religioso..., descubrirán vías diferentes de afirmación y salvación en un mundo en exceso agresivo, en los primeros momentos, insuficiente para todos, en otros, o simple lugar de paso hacia paraísos perdidos que se hacía urgente recuperar.
A nuestro tiempo, a nosotros, nos ha tocado vivir entusiasmos científicos y técnicos, que, en cualquier caso, parecen más proclives a facilitarnos informaciones "seguras" sobre este mundo, nuestro propio contexto social, político, religioso, cultural... que a aventurar esperanzas de futuros que aconsejen renuncias de presentes. El hombre, envejecido en el esfuerzo de la medida de un tiempo infinito, se vuelve de pronto niño presuroso, angustiado ante el grito de rebeldía que cree escuchar en una naturaleza sobre la que siente haber perdido su capacidad de dominio y señorío. El rey de la creación, sobrecogido de un nuevo miedo, esta vez a lo conocido, toma conciencia del peligro de destronamiento con que abiertamente le advierte y amenaza una fuerza que creía tener dominada: el mismo medio en el que vive.
Y lo que resulta mucho más angustioso y sobrecogedor: es el hombre mismo, en su ambición desmedida de dominio y sometimiento del medio, más por placer irresponsable de afirmación de su propio ego que por necesidad de nuevas mejoras en su calidad de vida, el que termina transformando a una naturaleza, pródiga de favores, en peligro inminente de destrucción del propio hombre. El paraíso terrenal, conquistado por el hombre moderno frente a la respuesta insatisfactoria de aquella "morada de descanso" que predicaba la Edad Media o de "la vida de la fama" que anunció orgulloso un Renacimiento admirador de la grandeza y superioridad del hombre, aparece de pronto, por virtud del desprecio e irresponsabilidad de éste, convertido en trampa mortal para la supervivencia misma de la especie humana.
Ha sonado ya la campana de los trágicos anuncios. Nuestro mundo, nuestro hábitat, está a punto de hacerse residencia de muerte y destrucción. Es el momento de buscar nuevas respuestas a nuestro desenfreno irracional. Respuestas políticas, sociales, educativas... Nuestro mundo está en peligro, y el hombre en él.


martes, 16 de febrero de 2010

LIBROS PARA VOLVER A LER: TRES OBRAS MESTRAS




Quero lembrar aquí o resultado máis inmediato de tres lecturas inesquecibles ben que correspondentes a distintas etapas da miña vida. Cada unha delas dalgún xeito responsables de parte deses camiños que ao longo dos anos me correspondeu andar.
Cuerpos y almas , do escritor francés M. Van der Meersch, caeu nas miñas mans cando eu estudaba primeiro de Filosofía e Letras. O encontro con esta obra estivo a punto de proporcionarlle ao meu pai unha profunda alegría, obrigándome a abandonar os estudos dunha carreira que non lle dicía nada, que non alcanzaba a entender para que podía servir, habendo como había a posibilidade de poderme facer avogado ou médico. Esta última foi, precisamente, a alternativa que me ofrecía aquel apaixoado escritor, o mozo M. Van der Meersch, coa súa novela Cuerpos y almas. Nada podía ser máis suxerente nin encadeador que a historia daquel médico novo, Michael, fillo dunha familia ilustre, capaz de renunciar a todo por salvagardar e defender os seus principios, particularmente a súa idea dunha autèntica medicina, màis unida á natureza e menos mercurial. De certo, algunhas das teorías mèdicas defendidas por Van der Meersch pode que estean hoxe superadas, pero en absoluto o poder irresistible da súa prosa para atraer ao seu campo ao lector máis despreocupado, para lle facer ver e entender ao estudante dubidoso a verdadeira forza e sentido da súa vocación como médico.
Outras razóns, que non son do caso, impediron, endebén, que tal opción se fixera realidade en min. Postos a elixir, tiña de ser, mesmo, outra obra literaria, Dioses, tumbas y sabios, do escritor alemán C. W. Ceram, publicada por primeira vez en 1949, a que definitivamente, en contra das dúbidas do meu proxentitor, me convencera do acerto da miña primeira elección. Que marabilla o mundo misterioso da Arqueoloxía! Dividida en catro libros, dedicados ao mundo grego, ao Antiguo Egipto, e ás civilizacións precolombinas, a obra Dioses, tumbas y sabios péchase cun quinto libro titulado Sobre los libros de historia de la arqueología que todavía no pueden escribirse. Unha invitación apaixoante para os amantes da aventura arqueolóxica e, en xeral, para todo aquel que soñe co descubrimento dos grandes segredos da Historia.
Os meus alumnos serían convidados en diferentes ocasións a realizaren este mesmo encontro con estas dúas obras. Os libros ben escollidos poden ser, entre outras cousas, un espléndido curso de orientación profesional!
O terceiro libro do que quero lembrame hoxe, aínda que moito máis moderno, está dalgún xeito na liña deste último. Refírome ao magnífico traballo do erudito Dick Teresi titulado Los grandes descubrimientos perdidos (Ed. Crítica). Se aos dous anteriores lles debo en boa parte a seguridade de non me ter equivocado de todo na elección dos meus estudos e, incluso, da miña profesión, a este terceiro débolle, sobre todo, a xustificación erudita dunha idea que foi sempre parte esencial da miña vida: a idea de que só, para non ser moi duros, a máis profunda ignorancia puido consentir e xustificar, aínda hoxe, a destrución e aniquilamento de fontes de futuro tan importantes para a humanidade como o eran sen dúbida algunhas das cultura primitivas actualmente de todo esquecidas. Como nos lembra o autor de Los grandes descubrimientos perdidos, os cementos matemáticos da ciencia occidental, por exemplo, proceden dos indios, dos chinos, dos árabes, dos babilonios e dos maias; a astronomía comezou na antiga India e floreceu no mundo árabe; os chinos observaron, dataron e interpretaron os eclipses arredor do 1400 a.C; fai cinco mil anos, os sumerios defenderon que a Terra era redonda; sabios chinos e árabes utilizaron fósiles para estudar cientificamente a historia do noso planeta; a química china é hoxe un tesouro olvidado por case todos; os indios quechuas do Perú foron os primeros en vulcanizar o caucho; e así centos e centos de exemplos que nos levan moi lonxe do tópico mundo grego como orixe de todo o coñecemento occidental. Alguén pregúntase hoxe qué tería acontecido se, en vez de masacralas, se tiveran potenciado aquelas posibilidades científicas? Podemos, de certo, estar seguros de que ese progreso do que tan orgullosos nos sentimos logrou superar as posibilidades que, na realidade, ofrecían aquelas antigas culturas? O caso dos chinos pode, se cadra, ser ilustrativo. Con todo, nunca deixarei de pensar no que puido ser o mundo actual se aquelas fontes do saber humano puideran avanzar no desenvolvemento das súas indiscutibles posibilidades.

martes, 2 de febrero de 2010

LIBROS PARA VOLVER A LER: UN TRATADO DE AGRICULTURA

Penso que van sendo horas de volver ao tema principal deste meu blog. Sen dúbida, a reforma educativa que se nos anuncia vai merecer máis dun comentario nestas páxinas, pero non fai falta –penso– insistir máis na introdución.
Os libros foron sempre a miña debilidade, dende moi pequeno. Logo, co paso dos anos convertíronse no meu modo de vida, como lector, e nun dos meus grandes entretementos, como autor. Gustaríame dicir que foron e son unha das grandes paixóns da miña vida, pero mentiría; coido que tampouco foron nunca tanto. E agora, con tantos anos encima, síntoo, sinto que non lles tivera dedicado máis tempo.
Un antigo profesor, don Manuel Fernández, preguntoume en certa ocasión: "Señor Quintáns, vostede de quen se considera discípulo?" Cunha enorme sorpresa para o meu admirado mestre, resposteille: "Penso, don Manuel, que, intelectualmente, son fillo biolóxico das miñas lecturas e fillo adoptivo de todos os meus profesores e profesoras. Mentiría –expliqueille– se lle dixera que me sinto especialmente debedor dun determinado mestre. No meu modo de ser, de pensar e até de sentir hai un pouquiño de cada unha das persoas e dos libros que me acompañaron e me acompañan aínda hoxe." E non puiden evitar contarlle unha experiencia que teño repetido moitas veces:
"A miña primeira mestra, dona Pastora González y González, prestoume un libro, con moitas ilustracións, sobre o mundo da agricultura. Eu lino con moita curiosidade e, cando o acabei, devolvínllo de seguida. "¿Gustouche?" –preguntoume dona Pastora. Avergonzado e temeroso de que a miña resposta me privara de novos préstamos, baixando a cabeza, contesteille: "Non moito, señora mestra." Dende aquel día, dona Pastora soubo que aquel neno non nacera para labrador e non parou un momento até que logrou que alcazara unha beca que lle permitira deixar aldea e puidera iniciar os seus estudos na cidade.
"E de min aprendeu algo, señor Quintáns?" ––insistiu o meu profesor de Historia, don Manuel Fernández. "Tamén, don Manuel, tamén. De vostede aprendín, entre outras moitas cousas, que a Historia nos proporciona os máis suxerentes modelos para loitar por un mundo mellor, máis libre, máis xusto e máis solidadrio. Eu lémbrome sempre de vostede e das súas clases cando se fala, sen dúbida con razón, de suprimir da ensinaza as denostadas listas dos reis visigodos. Pero non podo evitar a perigosa sospeita do que pode representar no ensino o baleiro do coñecemento dos grandes homes e mulleres que, coa súa entrega, xenerosidade e valentía, lograron agasallarnos este mundo no que vivimos. Parécelle pouco, profesor?" E don Manuel sorriu e convidoume a un café na súa casa.
Un bo libro na man dun bo mestre é o mellor instrumento, non só para axudar aos alumnos a penetrar con proveito no mundo da lectura e de mil coñecementos, senón tamén e sobre todo, para facer que estes descubran os diferentes camiños que a vida lle ofrece de cara a ese futuro co que, nesas fermosas idades, todos e todas soñan. Aínda que sexa un tratado de agricultura. Un libro sempre é un libro! Pero cando é un bo libro é, por enriba de todo, unha porta de entrada a eses mundos marabillosos cos que todos soñamos algunha vez.

viernes, 29 de enero de 2010

REALMENTE, DEBATEUSE ALGUNHA VEZ ALGUNHA DAS REFORMAS EDUCATIVAS ESPAÑOLAS?




Parece evidente que para que haxa un debate fan falta, cando menos, dous contendentes, cousa que non aconteceu, nin no caso da Lei de 1938, nin no das posteriores. Sen dúbida, entre os que, no primeiro caso, escribiron na prensa de entón sobre o polémico Exame de Estado, había uns que defendían a súa continuidade e outros que esixían unha urxente reforma do mesmo ou a súa supresión. Pero o verdadeiro responsable da existencia daquelas probas universitarias, o lexislador, e polo mesmo o único con capacidade para poder modificar tal realidade, nunca dixo nada, ou, polo menos, até que outros decidiron modificalas. Algo semellante ao que ía acontecer coas reformas da democracia, sen dúbida, con un amplo abano de opositores na súa fronte e un non memor número de defensores. Pero tampouco neste caso o promotor das súas promulgacións tivo nunca necesidade de debater o contido ou forma das mesmas, preocupado só por negociar o número de votos necesarios para a súa aprobación. Debate, pois? Dende logo aos políticos gústalles esta palabra, pero na realidade só ofrecen exemplos de acedas críticas aos contrarios sen ningunha vontade de modificar un ápice o seu punto de vista. E con ampla aprobación dos seus seguidores, tanto, que unha vez abandonada a política son proclamados pola multitude "gurús", é dicir, mestres espirtituais do futuro do universo.
De certo, cada unha das reformas, ou leis orgánicas para a educación, ofreceu sempre motivos suficientes para que, con excepción da igualmente fracasada LOECE, a falta dun acordo nacional puxera en evidencia a insatisfacción daqueles que non viron cumpridas as súas aspiracións. Os intereses dos diferentes grupos sociais, agora representados polos diferentes partidos políticos, abrollaron con forza en cada caso, sen que, por outra parte, o profesorado e o mundo intelectual lograra superar a súa propia incapacidade para afrontar, dende perspectivas técnicas, libres dos prexuízos propios do seu contexto político-relixioso, unha exposición pública dos obxectivos que unha ensinanza tiña de procurar para a formación daqueles que eran chamados a protagonizar un mundo mellor, máis libre, máis xusto e máis solidario.
O primeiro intento dunha reforma educativa preocupada por consolidar o modelo dunha sociedade democrática, de acordo co felizmente recuperado coa desaparición da Dictadura, sería mesmo a LOECE (Lei Orgánica do Estatuto de Centros Escolares, de 1980), promulgada polo Goberno da U.C.D. como froito dos acordos dos Pactos da Moncloa, de 1977. Unha política educativa que se orientaría conforme aos seguintes principios e criterios: Democratización do sistema educativo, coa participación dos pais de alumnos e do profesorado no control do funcionamento dos centros; gratuidade progresiva da ensinanza, procedéndose a unha profunda revisión do sistema de financiación dos centros subvencionados; incorporación a todos os niveis educativos obrigatorios do estudo das distintas linguas e contidos culturais nos seus respectivos ámbitos territoriais; e o establecemento progresivo da pertinente colaboración entre o Goberno e as novas institucións autonómicas.
Lei que, en todo caso, sería inmediatamente declarada inconstitucional nalgúns dos seus preceptos –arts. 18.1; 34.2; 34.3.b.; 34.3.d; e a "disposición adicional número tres"– pola Sentenza 5/1981 do Tribunal Constitucional, e totalmente derrogada pola LODE (Lei Orgánica do Dereito á Educación), de 1985.
Convén, con todo, non esquecer que cada unha das propostas seguintes, reformadoras sempre da anterior, respectaron en boa medida as conquistas logradas pr estas. Así, por exemplo, a LODE recoñecería: o dereito á igualdade no acceso á educación e á cultura; a participación na xestión dos centros e na programación xeral da ensinanza; o dereito das familias á elección de centro; o control social dos centros sostidos con fondos públicos; a liberdade de cátedra do profesorado; a representación do profesorado no Consello Escolar de centro e do Estado; o recoñecemento dos dereitos e deberes dos alumnos; a participación dos alumnos no funcionamento e vida do centro; a representación do alumnado nos Consellos Escolares de centro e do Estado; a representación municipal nos Consellos Escolares; a creación de Consellos Escolares nas Comunidades Autónomas.
Sería endebén a LOXSE (Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo), do 3 de Outubro de 1990, a que, non sen abondosas e, en moitos casos, fundadas críticas, acabase instaurando un sistema educativo baseadao nos principios constitucionais, verdadeiro iniciador dunha xestión democrática dos centros, e o primeiro que non só permitiu senón que favoreceu que as Comunidades Autónomas xestionasen os centros educativos da súa área xeográfica, podendo incluso redactar unha alta porcentaxe dos contidos curriculares. A necesidade de incorporarse a postulados europeos e de asumir un modelo que tivera en conta os novos cambios tecnolóxicos operados no mundo da educación, condicionou a imposición dunha ensinanza constructivista que en palabras de José Gimeno, un dos principais ideólogos da reforma en tempos do Ministro Maravall, "era un planteamiento tecnocrático que ya había sido planteado por otras corrientes. Tyler ya había propuesto un esquema de organización del currículum. César Coll rescató las teorías de redacción de objetivos y el constructivismo pasado por su turmix particular" (Varela, 2007:38). Isto incluso antes de que Marchesi e o mesmo Coll lograran para a psicoloxía e a pedagoxía o máximo protagonismo nesta reforma.
Características relevantes da LOXSE foron, entre outras: a importancia concedida aos Consellos Escolares; a promoción automática, en determinadas circunstancias; a recuperación de alumnos con dificultades académicas; a educación de adultos; a formación permanente do profesorado; a definición da función de inspección e acción tutorial/orientadora; a reducción do número de alumnos por aula; a especial atención aos centros privados e concertados; a defensa da liberdade de ensinanza e do dereito dos pais a que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.
A LOPEGCE (Lei Orgánica 9/1995, de 20 de Novembro, "de la participación, la evaluación y el gobierno de los centros docentes"), máis coñecida como "Lei Pertierra", é unha lei coa que o Ministerio de Educación intenta introducir medidas de calidade na ensinanza, incrementando a autonomía na xestión dos centros e a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa. Sen dúbida, o máis relevante e tamén o motivo de maior conflictividade desta Lei constituino a importancia que, en detrimento dos Claustros de Profesores, se lle concedeu aos Consellos Escolares, sobre todo, co nomeamento de Directores.
A Lei Orgánica 5/2002, de 19 de Xuño, regula as Cualificacións e a Formación Profesional nun contexto no que, como se lembra na "exposición de motivos" En el actual panorama de globalización de los mercados y de continuo avance de la sociedad de la información, las estrategias coordinadas para el empleo que postula la Unión Europea se orientan con especial énfasis hacia la obtención de una población activa cualificada y apta para la movilidad y libre circulación, cuya importancia se resalta expresamente en el Tratado de la Unión Europea.
En este contexto, es necesaria la renovación permanente de las instituciones y, consiguientemente, del marco normativo de la formación profesional, de tal modo que se garantice en todo momento la deseable correspondencia entre las cualificaciones profesionales y las necesidades del mercado de trabajo.
A Lei Orgánica 10/2002, de 23 de Decembro, de Calidad da Educación, só estivo vixente até o 24 de maio de 2006, cuxa "exposición de motivos" adiantaba: "Las medidas encaminadas a promover la mejora de la calidad del sistema educativo que contempla la presente Ley se organizan en torno a cinco ejes fundamentales, que reflejan los principios de concepción de la Ley y, a la vez, orientan, en términos normativos, las políticas que en ella se formulan, desde el respeto a los correspondientes ámbitos competenciales": os valores do esforzo e da esixencia pesoal, a orientación do sistema educativo cara aos resultados, o reforzamento significativo dun sistema de oportunidades de calidade para todos, a consideración da relación profesor-alumno como núcleo da educación e o desenvolvemento da autonomía dos centros educativos.
E a LOE, Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, que xunto coa LODE e a Lei Orgánica 5/2002, son as únicas actualmente vixentes.
Para un mellor coñecemento destes e outros aspectos relacionados coa historia das diferentes reformas da educación dende a LOXSE até á LOE pódese consultar o Manual de lexislación educativa, cuxa portada ilustra este artigo.

jueves, 28 de enero de 2010

A IMPLANTACIÓN DA DEMOCRACIA E OS INTENTOS PARA DESEÑAR UN SISTEMA EDUCATIVO EN CONSONANCIA CÓS NOVOS TEMPOS

De certo, non era posible agardar algo diferente: unha sociedade nova, caracterizada pola defensa dun sistema de novos valores, necesariamente, tiña de idear un modelo educativo capaz de consolidar no tempo tan notable conquista. O artigo 27 da Constitución de 1978 sería, non só o principal guieiro para o logro de tal obxectivo, senón tamén a norma que orientaría obrigadamente o seu logro. Literalmente di así:
El artículo 27 de la Constitución de 1978:
1. Se reconoce el derecho a la educación para todos y la libertad de enseñanza.
2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.
4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.
5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.
6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.
7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.
8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.
9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.
10. Se reconoce la autonomía de las universidades, en los términos que la ley establezca.

Endebén, como, brillantemente, resumiría Fernando Gómez Jiménez:
"En 1985 se promulgó la LODE (Ley Orgánica del Derecho a la Educación), cinco años más tarde aparece la LOGSE en 1990 (Ley Orgánica General del Sistema Educativo). Se nos presentaba con una filosofía educativa renovadora, llena de propuestas encaminadas a solucionar aquello que ya por entonces se dejaba notar, pero ¡OOOH..... maltrechos visionarios! falta de presupuesto. Que hicieron que todas aquellas ideas se fueran difuminando como el papel de fumar. Poco después nos sorprendió la LOPEGCE en 1995 (Ley Orgánica de Participación, Evaluación y Gobierno de los Centros Educativos). Por si todo esto fuera poco, con la entrada en el poder de un nuevo partido político, aparece en el año 2000 la famosa Reforma de las Humanidades (con el Real Decreto 3473 de ESO y el Real Decreto 3474 de Bachillerato) y poco después ¡como no!, otra nueva Ley. En el año 2002 aparece aprobada la LOCE (Ley Orgánica de Calidad). Nunca se llevó a cabo, ya que el gobierno que la promulgó no ganó las elecciones nacionales y con la entrada de un nuevo partido político, ¿Qué es lo que viene?: pues claro señores, una nueva Ley Orgánica. La actual LOE (Ley Orgánica de Educación) fue aprobada en el año 2006."
"Después de este interminable recorrido por la reciente historia educativa, nos podemos plantear una serie de preguntas. ¿Es lógico que en apenas dos décadas hayamos soportado CINCO LEYES ORGÁNICAS REFERIDAS A EDUCACIÓN?, ¿puede un sistema educativo soportar tal barbaridad?, ¿es la educación una cuestión de política?, ¿a los centros y a la comunidad educativa en general, le da tiempo de asumir los cambios?, ¿hay desconcierto, malestar....?, ¿la educación está en buenas manos?.......... etc."

O que, non obstante, chama máis poderosamente a atención é o silencio, tanto daqueles que son os verdadeiros protagonistas do ensino, os profesores, coma dese estamento tan fundamental nunha moderna comunidade humana, o mundo intelectual. De certo, polo menos nunha primeira aproximación, resulta, cando menos, sorprendente, que aqueles que, no contexto dunha dictadura, non tiveron inconveniente en expresar publicamente, nas páxinas da prensa diaria, a súa opinión sobre o que consideraban erróneo no ordenamento educativo e sobre o que neste sentido, dende o seu coñecemento desa realidade, debería facerse, agora non dubidaban en gardar o máis absoluto silencio. Os partidos políticos, sen dúbida compostos en bo número por homes e mulleres procedentes do ámbito do ensino, ían ser, non só os responsables da elaboración das novas leis de educación, senón tamén dos continuados debates sobre as mesmas. Esquecendo, se cadra, que o punto de vista ideolóxico do partido ao que pertencía cada cal ía, en moitos casos, a impoñerse ao punto de vista da súa propia experiencia e coñecemento, sempre, claro, que se estea a falar dun profesor ou profesora, diputado ou diputada, senadora ou senador. O resultado, en calquera caso, queda apuntado nas palabras citadas de Gómez Jiménez.

viernes, 22 de enero de 2010

O DERRADEIRO PLAN EDUCATIVO DO FRANQUISMO: A LEI GENERAL DE EDUCACIÓN (LGE) OU "LEI VILLAR PALASÍ"

O debate sobre a Reválida ou "Exame de Estado" da Lei de 1938 acabaría, endebén, producindo o resultado apetecido: a supresión desta proba e a elaboración dun novo plan ou sistema educativo. Logro que, segundo algúns dos analistas máis agudos, foi posible porque, en realidade, a Ditadura nunca tivo entre as súas prioridades o sistema educativo.
Corresponderíalle ao Ministro Joaquín Ruiz Jiménez o honor de protagonizar este feito histórico coa aprobación e posta en marcha da "Lei de 26 de febreiro de 1953". Evidentemente dentro do máis profundo respecto á liña ideolóxica do plan anterior, xa que tal como se recoñece na propia Lei "Desde la iniciación del Movimiento Nacional ha sido preocupación constante del Estado la promulgación de normas jurídicas que garanticen la formación intelectual y moral de la juventud española en el servicio de los altos ideales de la Fe católica y de la Patria". Enténdese, pois, que fronte a modificacións tan importantes –lémbrense, sobre todo, as propostas do profesor pontevedrés Filgueira Valverde– como "el establecimiento de una prueba intermedia al final del cuarto año", "la descongestión de los programas e a oportunidade de "brindar en los últimos cursos una leve opción vocacional de Letras o de Ciencias", se siga insistindo, agora dun xeito explícito, en cousas como estas:
–"La Enseñanza Media se ajustará a las normas del Dogma y de la Moral católicas y a los principios fundamentales del Movimiento Nacional."
–Los profesores de Religión "gozarán de la misma consideración académica de los catedráticos numerarios del Centro respectivo".
–En la Enseñanza Media se aplicará el principio de una educación separada para los alumnos de uno y otro sexo."
–"El Bachillerato cursado en los Centros docentes femeninos podrán regirse por un plan propio, en el que figurarán obligatoriamente las enseñanzas ordenadas a la vida del hogar y aquellas que especialmente preparan para profesiones femeninas."
Neste plan aparece por primeira vez a posibilidade de que as organizacións de pais dos alumnos poidan ter voz e voto nos Centros e, incluso, diante dos Reutorados das Universidades.
O "Plan de Bachillerato de 1957", promovido por Jesús Rubio y García Mina, regula definitivamente o Curso Preuniversitario, no que "se llevarán a cabo conferencias o clases, según las materias". "Las Bibliotecas de los Centros pondrán a disposición de los alumnos para su consulta los libros más indispensables, con objeto de suplir los de texto, cuya utilización no se permite en el Curso Preuniversitario." As correspondentes probas de madurez terán lugar na Universidade.
Outras modificacións importantes foron, sen dúbida:
A redución do número de materias teóricas, a liberación dos sábados para facilitar entre os alumnos a celebración de reunións, actividades deportivas e outros actos. Establecendo: "Queda prohibido encomendar a los alumnos trabajos para ejecutar fuera del Centro", debendo organizar este estudos dirixidos.
Con todo, a verdadeira e más importante reforma do sistema educativo na Ditadura constituina, sen ningunha dúbida, a implantación da "Ley General de Educación y Financiamento de la Reforma Educativa", máis coñecida como "Lei Villar Palasí", de 1970. Representou, evidentemente, o asentamento dunha ensinanza de marcado carácter relixioso e político-patriótico ("Se garantiza la enseñanza religiosa y la acción espiritual y moral de la Iglesia Católica"); pero significou tamén o achegamento a innovadores postulados europeos. Especial relevo ofrece, neste sentido, o establecemento dunha educación obrigatoria dende os seis anos até os catorce, o intento de construír unha Formación Profesional máis adecuada ás demandas reais do mercado laboral e facer partícipe da educación a toda a poboación española. O acceso ao novo Bacharelato, B,U.P. (Bacharelato, Unificado e Polivalente), con tres anos de duración, "evitando su carácter excesivamente teórico y academicista", tería lugar a partir da E.G.B. (Ensinanza, Xeral, Básica), permitindo a súa superación o paso ao C.O.U. (Curso de Orientación Universitaria), e, dende este, á Universidade ou á Formación Profesional de Segundo Grao.
A Lei Villar Palasí recolle como obrigación da condición de estudante, ademais de reunir os requisitos de aptitude e idoneidade, o acatamento da disciplina académica, "pudiendo implicar su incumplimiento la suspensión temporal o pérdida definitiva de su condición de estudiante".

viernes, 15 de enero de 2010

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA



–e VII–
O que este debate acabou poñendo prioritariamente de relevo foi, sen dúbida, o seu carácter aberto, e o interese na participación do mesmo daqueles que de verdade teñen a responsabilidade de opinar intelixentemente sobre unha cuestión desta clase, é dicir, o profesorado, e, naturalmente, o público, é dicir, os lectores de La Noche. ¿Non se trataba, se cadra, dunha cuestión da máxima trascendencia para os estudantes, os pais e a sociedade? Sorprende, de certo, que, nun contexto político como no que tivo lugar esta experiencia cidadán, a situación da Ensinanza Media espertara, endebén, tanto interese nos responsables dun xornal como La Noche. Sen dúbida, non eran tempos para debatir sobre moitas cuestións. Pero isto non diminúe, en absoluto, o mérito desta publicación compostelá no seu liderato en Galicia deste interesantísimo debate. O lector interesado pode descubrir algúns dos segredos deste comportamento de La Noche no estudo introductorio á edición facsimilar do seu Suplemento del Sábado (Publicacións do Centro de Investigacións Lingüística e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela, 1996).
De certo, outros profesores preferiron nestas circunstancias, como sempre acontece, o cómodo silencio ou, simplemente, unha reflexión menos comprometida, máis literaria... O 7/10/1947, o inesquecible e bondadoso don Paulino Pedret Casado publicaba un artigo con este título tan expresivo: "Una confesión sin importancia. La "tragedia" de la Reválida." Despois de deixar claro que, en realidade, el non estaba "disconforme con los que opinan que el que examina debe ser otro que el que enseña", escribe:
"Lo ciertto es que estos exámenes crean una situación muy triste para mi. Y no me refiero a las penas sin número que por carta o en visita los familiares de los examinandos me cuentan: el cáncer del padre, la fuga de la madre, y tantas otras lacerías más. Lo que de veras me entristece es ver tantas ilusiones tronzadas en frescas cabezas juveniles, tantos dispendios en vano de los pobres padres, tantos trabajos perdidos sin fruto, por la gota que ha hecho desbordar el agua del vaso, el justo suspenso de un profesor consciente de sus deberes."
Outros, pola contra, aproveitaban para poñer ao descuberto disimulos e hipocresías inconfesables. O artigo de Luis Monteagudo, "La reválida o la selección al revés", con el subtítulo "Nolite iudicare", resulta tan duro que case non acertamos a entender como foi posible a súa publicación. Até dúas veces insiste o director de La Noche en que "los juicios expuestos por el autor del artículo son suyos y no nuestros, y que sin prejuzgarlos, si hallan espacio en nuestras páginas, es porque los avala la firma responsable de un miembro del tribunal examinador". Seleccionamos só un dos parágrafos finais. Di así:
"El triste resultado de todo esto (y un poco más) es que la selección se efectúa al revés: con honrosas excepciones salen adelante los chapones (el Homo chapiens, no el sapiens) que por su memoria y a costa de su inteligencia y de su salud (la mayoría de los examinandos llegan escuálidos a la tarima) logran que el examinante no descorra el tapete superficial, aunque extenso, de sabiduría con que encubren una profunda ignorancia y falta de formación integral. De todos son conocidos suficientes casos que comprueban nuestro aserto."
O xornal La Noche, que remataría cansándose de manter vivo tal debate sen ningún resultado práctico (que non foran as advertencias da Autoridade competente), chegou non obstante a participar incluso no mesmo dun modo directo. A iniciativa dunha enquisa encabezada polo rótulo "En la Universidad o en el Instituto?, aínda que non tivo un grande éxito, non deixa de ser profundamente significativa.

miércoles, 13 de enero de 2010

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: O PROFESOR RABANAL

–VI–

Merece capítulo á parte o amplo labor en pro da supresión do Exame de Estado levado a cabo, a través das súas famosas "Nebulosas" no xornal compostelano La Noche, do profesor Manuel Rabanal, catedrático de Grego no Instituto Xelmírez de Santiago. Dado, endebén, o carácter singular desta publicación, farei só referencia a algúns dos puntos máis curiosos, non necesariamente os máis interesantes, desta participación do ilustre profesor no debate sobre o Exame de Estado.

Na súa resposta ao profesor Canellas –"La famosísima reválida", (12/8/1946)– comezaba dicindo: "El doctor Canellas ha llamado, desde este mismo sitio, a la actual prueba final de Enseñanza Media "engendro" de don Pedro Sáinz Rodríguez. Yo jamás pude encontrar en mi pobre léxico una denominación tan cabal. Gracias por el peyorado substantivo, digno de la dama que lo lleva". A "Nebulosa" de Rabanal, unha das máis longas da súa famosa colaboración en La Noche, advirte, a continuación, dunha longa serie de imprecisións do profesor Canellas no seu artigo de referencia, "La famosísima reválida", publicado o 13/7/1946. Rabanal, con ese vivo carácter con que no fondo intentaba disimular a súa delicada sensibilidade chea da máis fonda humanidade, pon de relevo contradicións do doutor Canellas como esta: "El doctor Canellas se lamenta de que unos señores "sin títulos legales" vivan "lo mejor que pueden a costa de la ingenuidad de muchos alumnos y engaño correspondiente de sus padres. A lo que yo me permito preguntarles: ¿qué "títulos legales" tiene un médico, un farmacéutico, un abogado, un veterinario, para examinar mis bachilleres? ¿He vendido yo alguna vez drogas?, ¿he diagnosticado pacientes?, ¿he defendido a los acusados en el Foro?, ¿he puesto inyecciones a los cerdos de mi vecino?"

Na "Nebulosa" do 13/9/1946 –"Adiós, doña Reválida"– renuncia, retóricamente, a dar resposta ao segundo artigo do profesor Canellas, aproveitando, en calquera caso, para lembrarnos:

"Recuerda, lector. Todo un decano de la facultad de Filosofía y Letras de una Universidad española [o doutor Canellas] ha dicho pública y textualmente lo que sigue: La famosísima reválida... es odiada cordialmente por el profesorado privado, por los padres de los alumnos, los alumnos y también los profesores de Universidad."

Para, xa canso de tanto debate inútil, exclamar ("Contra Reválida. ¡Urgente!", 4/10/1946):

"Amigo mío, lector de las cuatro esquinas, que has meditado ya detenidamente las razones que desde aquí se te han expuesto en pro y en contra de la Reválida, ¿qué te detiene?, ¿a qué esperas?, ¿cómo no has tomado ya la pluma en tus manos y por medio de una carta, de un telegrama, no te has adherido a nuestra incansable campaña?"

(...)

"No regatees tu voto valioso en este "referéndum" tácito y consentido, pero no por eso, menos importante."

Naturalmente, non lle podía pasar inadvertido a este decidido loitador algún aspecto, máis ca discutible, da opinión dun profesor do prestixio de Vicente Risco. Sen disimulos, con toda a paixón que caracteriza o seu estilo, contéstalle ao ilustre galeguista ourensán en dúas "nebulosas" sucesivas, "Doña Reválida y don Vicente" (28/10/1946), e "Doña Reválida y don Vicente" II, (29/10/1946). Na primeira, lembra, entre outras cousas: "Mala sombra la de don Vicente en el momento en que sus eruditas musas le inspiraron tal ocurrencia." [Refírese o profesor Rabanal á afirmación de Risco de que "los que preguntan para que sirve el latín son los mismos que protestan contra el Examen de Estado"] "¡Venir a decir a Compostela que los enemigos de la Reválida son los enemigos del latín y del griego, es una salida capaz de hacer sonreir a la misma imperturbable testa del paciente maestro Mateo!"

Sen renunciar en ningún momento ao seu espírito polemista, Rabanal lémbralle a Risco, con datos puntuais, que non é certo, como el afirma que ao Exame de Estado "lo defienden los Colegios Religiosos de toda España", nin que a Igrexa sinta atacado, coa reforma que se propón deste exame, o dereito á liberdade relixiosa, precisándolle ao profesor ourensán sobre o dereito do profesorado dos cemtros relixiosos e privados a participar no exame de concesión do título de Bacharel:

"Una última pregunta –o ruego– a don Vicente: ¿No le parece que, si es condición indispensable –según usted– para que "los establecimientos de Enseñanza Media del Estado" puedan conferir el título de Bachiller, el que se conceda el mismo derecho a los Colegios privados, esa misma condición debería cumplirse en los casos de los establecimientos de Enseñanza Superior –Universidades, etcétera– y en los de Enseñanza Profesional y Técnica –Normales, etcétera– que vienen confiriendo títulos, sin que asista a nadie más, igual derecho?

Tres anos despois, o 7 de Marzo de 1949, Manuel Rabanal comezaba a súa nebulosa, –"No apta para menores", con estas desalentadoras palabras: "Los catedráticos de instituto ya casi prefieren no meneallo. Ciertas cuestiones, como las llagas, mientras más se hurga en ellas más se enconan." Efectivamente, a desexada reforma do denostado Exame de Estado estaba aínda por chegar.

lunes, 11 de enero de 2010

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

–V–

Non podo deixar de referirme á presencia de Vicente Risco neste interesante debate. Como nos casos anteriores, aínda que neste pareza máis suxerente, o punto de vista de cada autor revela segredos moi curiosos da súa personalidade.

Vicente Risco participa neste encontro de opinións con tres artigos: "Acerca del Examen de Estado", (18/10/1946), "Acerca del Examen de Estado II. Amigos y enemigos", (21/10/1946), e "Acerca del Exanen de Estado III. Razones en pro, razones en contra", (22/10/1946). Aínda que pensamos que se podía agardar del unha maior profundización nas causas desta polémica, por razóns que nunca estiveron de todo claras –a súa situación política como un dos principais líderes do Galeguismo, o seu témero medo a represalias de calquera fanático ou, simplemente, o seu profundo catolicismo–, tamén neste caso se moveu coa máxima prudencia. Punto de vista que, en calquera caso, non significa en absoluto poñer en dúbida a sinceridade das súas manifestacións, ben que non poidamos vernos de todo libres da sospeita de que dalgún xeito poidan estar motivadas pola necesidade de manifestar que él tamén está aí, como todos os españois daquel momento.

Pensaba o mestre ourensán que, efectivamente,

"Se está moviendo una gran polémica en pro y en contra del Examen de Estado. Esta polémica apasiona realmente al público, tanto que no se desarrolla sólo en los periódicos, sino, mucho más aún, en las conversaciones privadas."

"En realidad, la polémica –insiste Risco– podría reducirse a puntos muy concretos, pero la naturaleza del asunto lleva consigo que se vean implicados en ella cuestiones de larguísimo alcance, como son el plan actual de la Enseñanza Media, y el problema de la libertad de enseñanza."

A súa defensa do sistema actual baséase esencialmente nas seguintes razóns:

"Hay dos grandes tipos de educación: la "humanística" y la "realista. La primera, a base de lenguas y literaturas clásicas, atiende a la formación, a la perfección del espíritu; la segunda, a base de ciencias naturales y lenguas modernas, atiende a la utilidad. La una busca al hombre pleno, la segunda al hombre práctico."

(...)

"En la españa del siglo XIX –engade pouco máis adiante– se creó un Bachillerato plenamente realista, acaso más realista que en ninguna parte, reduciendo las Humanidades a su más mínima expresión."

(...)

"Precisamente, una de las cosas que se propone la vuelta, en España, al Bachillerato humanístico es combatir la deformación profesional" propia del especialista, del que no sabe más que una cosa, tan frecuente y peligrosa en nuestros tiempos. (...). Además, la organización actual de los estudios medios ha establecido la libertad de enseñanza."

(...)

"Dos exigencias –acaba concluíndo– fundamentales, una de orden cultural y pedagógico, otra de orden moral, jurídico y religioso, dos adquisiciones del régimen actual de España, a los que no podemos renunciar."

Idea esta á que volve con novos ánimos no artigo seguinte, "Acerca del Examen de Estado II. Amigos y enemigos", (21/10/1946). Despois de razoar, brillantemente, que non son os estudantes nin siquera os seus pais os que poden opinar sobre a necesidade de reformar o Examen de Estado, afirma con toda rotundidade: "Aquí los aptos para opinar son –nadie lo negará– las personas dedicadas a la enaseñanza y que conocen directamente el pro y el contra del sunto. Entre el profesorado, las opiniomes parecen estar devididas. No vamos a entrar hoy en ellas. Solamente advertiremos que lo que se discute es, indudablemente, una cuestión técnica, pero esta cuestión técnica está subordinada a principios superiores, fundamentales y previos a toda pedagogía, porque afectan al ser mismo de la cultura, al ser mismo del hombre."

Aí está a nai do año. Por fin, o profesor Vicente Risco decídese a poñer de manifesto cales son as verdadeiras razóns dun sistema educativo que non poden ser, en absoluto, motivo de debate entre os seus inmediatos destinatarios (os estudantes) nin entre os pais destes, nin siquera entre os expertos en pedagoxía. Así, pois, atendendo só a aquelas cuestións que poden ser obxecto de opinión, Risco non dubida en concluír –terceiro artigo–:

"A nuestro juicio –acaba dicindo–, no debiera mirarse el Examen de Estado como una comprobación o fiscalización de la labor del profesorado de Enseñanza Media de los Institutos, sea de los Colegios religiosos o privados, sino como una prueba de aptitud de los escolares que aaspiran al título de Bachiller. Si el confiarlo a las Universidades es por haber sido tradicionalmente, y ser aún en muchos paises, el de Bachiller un grado universitario, esta razón nos parece más fundada que la otra. Sin que haya de suponer, en ningún caso, menoscabo de la consideración que al Estado merece el profesorado de Enseñanza Media. El cual podría muy bien cumplir la función de que se trata, aunque claro está, con una condición que, sin duda, exige el régimen de libertad de Enseñanza: y es que, si se atribuye a los establecimientos de Enseñanza Media del Estado, la función de realizar el exámen final de los alumnos aspirantes al Bachillerato, habría que conceder el mismo derecho, respecto a los suyos, a los Colegios religiosos y privados."