jueves, 31 de diciembre de 2009

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

–III–

O xornal compostelán La Noche publicaba (5/10/1946) un artigo enviado pola F.A.E. (Federación de Amigos de la Enseñanza) que remataba con estes dous parágrafos:

"Resumiendo. No puede volver la esclavitud de los Colegios de la Iglesia sin violar, sustancial y gravemente, el derecho de ésta a organizar Colegios tal como está consignado en el canon 1.375.

El Examen de Estado ante tribunales universitarios neutrales, nos acerca al libre ejercicio del derecho docente de la Iglesia."

Definitivamente, asociacións e figuras eclesiásticas e seglares deixaban perfectamente clara a súa posición fronte á calquera intento de modificación substancial do malfadado Exame de Estado. Efectivamente, a preocupación da Lei de 1938 polo logro dunha mocidade profundamente católica, cunha rigorosa formación humanística e un claro e acendido espírito patriótico, non eran en ningún caso, nin por parte de ningún dos contendentes, motivo de polémica. Unha vez máis a loita por uns intereses moi concretos lograba disimular o verdadeiro fondo da cuestión consentídolle a un Goberno fascista amosarse de todo comprensivo coas aspiracións daqueles que o único que ían lograr era debilitar a un socio tan perigoso como a Igrexa.

É mesmo neste sentido como podemos entender a belixerancia de profesores como D, Manuel Rabanal, quen, a través das súas "Nebulosas" (columnas de La Noche) mantivo unha activa defensa da necesidade de eliminar o denostado Exame de Estado. Sería endebén o aragonés Ángel Canellas López, Catedrático de Paleografía e Diplomática da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que ostentou o cargo de Decano, quen, no xornal La Noche os días 13/7/1946 e 7/9/1946 publicaría dous interesantísimos artigos, respectivamente, "La famosísima Reválida" e "La tercera famosísima Reválida", antes da súa definitiva partida para a Universidade de Zaragoza. O seu coñecemento do Ensino Medio, como Decano que foi do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia, unido a súa condición de catedrático universitario, outorgábanlle unha especial autoridade ás súas opinións.

O primeiro dos artigos –"La famosísima Reválida"– comezaba así:

"El Estatuto de Enseñanza Media implantado en tiempos del Ministerio de don Pedro Sáins Rodríguez, fué el padre del Examen de Estado, colofón de los estudios de Enseñanza Media. Su artífice jamás imaginaría para su engendro un porvenir tan excepcionalmente pródigo en discusiones de todo género, intención y acierto."

Logo examinaría as razóns que para él podían xustificar "que el régimen actual de la Enseñanza Media, en su totalidad, no merece plácemes de nadie". Os alumnos protestan do número excesivo de materias por curso; os pais non entenden a supresión dos exames intermedios ao longo do bacharelato, tendo que xogar sete anos de traballo diante dunha única proba; "los profesores de Enseñanza oficial, con razón sienten menoscabados sus legítimos derechos y obligaciones; e os Colegios privados legalmente reconocidos y los profesores licenciados con los problemas inherentes a la justísima imposición estatal de exigencias mínimas de profesorado titulado, de locales convenientes y demás aledaños." Aínda que non quere entrar na "curiosa historia de los gremios que adoran, por las razones que ellos tendrán por legítimas y convenientes, la zarandeada Reválida de Enseñanza Media en su organización actual", nin ten a seguranza de que "el sistema de un exámen final estatal merecería los plácemes de todos, trasladado a los Centros oficiales de Enseñanza Media con cuantas modalidades fueran pertinentes para garantir la participación de los Colegios privados legalmente reconocidos", si que lle parece de interese, "como profesor universitario, consignar que la Universidad no fué ni es partidaria de realizar ella el exámen de Estado de Bachillerato."

A exposición das razóns que dende o punto de vista do profesor Canellas explicaban esta última afirmación, ademais de abrir un novo fronte no debate sobre o Exame de Estado, ían incorporar ao mesmo un bo número de participantes. Resumidas, eran estas as tres razóns principais nas que se baseaba o autor do citado artigo para afirmar que a Universidade non era en absoluto partidaria de tal exame.

A primeira, "porque ningún profesor universitario cree en la eficiencia destas pruebas: los ejercicios escritos sobre temas enviados de Madrid, demuestran para vergüenza del profesorado de Enseñanza Media, que los futuros bachilleres saben actualmente menos latín, menos matemáticas, menos redacción y composición que cuando sólo contaban para la preparación de los alumnos con un curso de nociones de Gramática castellana, dos cursos de Latín y cuatro cursos de Matemáticas. Los ejercicios orales sobre llevar a conclusiones similares a las apuntadas para los escritos, demuestran algo peor: que el Bachillerato, evidentemente cargado de asignaturas por la Ley, y encauzado por la sóla preocupación de triunfar a los siete años vista en la Reválida, es un indigesto bagaje que ha hecho olvidar a los alumnos los conocimientos fundamentales de la Enseñanza Primaria en su grado superior, sin haberles servido de instrumento formativo de la personalidad."

A segunda, porque o que de verdade desexa o profesorado universitario é ver implantado o exame de ingreso na Universidade, porque para garantía del éxito de su docencia le interesa participar en la selección de sus futuros alumnos".

A terceira razón sería a liberación que tal decisión significaría para o profesorado universitario.

O segundo artigo do profesor Canellas, "La tercera famosísima Reválida", sería xa unha resposta a algúns dos profesores que se sentiron aludidos negativamente no artigo anterior, e moi concretamente o catedrático de Grego Manuel Rabanal.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

-II-
O exame nos Institutos públicos dos alumnos de Ensinanzas Medias dos centros privados dependentes de institucións relixiosas ou laicas deixaba a estes nunha situación de clara dependencia con relación aos primeiros. Para o ensino privado nunca foi unha xustificación suficiente da súa dependencia do ensino público o feito de que o profesorado deste último accedera ao mesmo a través da superación dunha máis que dura oposición. A mesma acusación da existencia no ensino privado dun profesorado sen a titulación adecuada, non pasaba de ser, na maioría dos casos, unha cuestión derivada da loita da Igrexa polo recoñecemento oficial dos títulos concedidos polas Universidades Pontificias. Cuestións, en calquera caso, que disimulan razóns moito máis profundas e escuras, aínda que por motivos evidentes, nin uns nin outros utilizaron nunca como armas nesta contenda case doméstica. A defensa do prestixio dunha clase –enténdase profesorado oficial– ou a ineficacia dunha proba inadecuada –léase "Exame de Estado"– foron, con todo, razóns suficientes para que figuras do máximo relevo, partidarias dunha e doutra opción –conservar o Exame de Estado tal como estaba, reformalo adecuándoo aos novos tempos ou, simplemente, substituílo– saíran á palestra e defenderan publicamente con verdadeiro apaixoamento os seus particulares puntos de vista.
Consciente da súa situación neste conflicto, escribía o xesuíta P. Pablo Pardo, "Doctor en Ciencias", nun artigo publicado en La Noche de Santiago –"En torno al Examen de Estado. No queremos lo de antes"– (30/10/1946):
"Hasta nos parece improcedente tomar en consideración o intervenir en una polémica que no puede existir en el actual estado de cosas, y debajo de una autoridad indiscutible que es la que hoy, gracias a Dios, nos gobierna. Sin ánimo de discutir por tanto, exponemos lisa y llanamente sobre cuestión tantas veces agitada."
(...)
"Existen instituciones oficiales e instituciones privadas, y no sólo hay, como es patente, sino que debe haber entre unas y otras noble emulación y deseo de superarse. En ello está la clave del progreso. Pero por eso mismo, ninguna de las dos instituciones debe ser a un tiempo juez y parte. Si el profesorado oficial es el que califica y da títulos a sus propios alumnos y, también, a los que no han pasado por sus aulas ni han escuchado sus lecciones, es muy de temer, es completamente humano, que no se aplique la misma medida a unos y otros, y que automáticamente se establezca, como ocurría antes, aunque no siempre, la doble medida."
"Esto es lo que no queremos que vuelva."
Como na famosa comedia de Lope de Vega, El perro del hortelano, xa que aos títulos dados pola Igrexa se lles esixía, cando menos, profesores coas mesmas titulacións que aos que concedían as institucións públicas, o ilustre sexuíta non dubida en manifestar abertamente a súa preferencia por un tribunal alleo, incluso para aqueles "que no han pasado por sus aulas ni han escuchado sus lecciones", pero que iguale aos alumnos das institucións oficiais e os alumnos das institucións privadas. Mal de moitos...
Por outra parte, para os seus defensores, as virtudes de tal proba eran tales que o catalán Pedro Font Puig, licenciado en Dereito e doutor en Filosofía, catedrático de Lógica Fundamental e de Psicoloxía Superior, non dubida en confesar nun artigo publicado no Diario de Barcelona e reproducido integramente en La Noche de Santiago de Compostela (29/10/1946):
"Puedo asegurar que en los exámenes de Estado he visto ejercicios escritos y oído ejercicios orales como jamás hubieran hecho los más excelentes alumnos formados con arreglo al plan de 1933. El más profundo entusiasmo ha conmovido mi espíritu y mi corazón de viejo maestro al oirlos. A los hombres de mi generación nos parece imposible que a los dieciseis o diecisiete años se pueda haber llegado a tal grado de formación. No es sólo maravilloso su caudal de conocimientos, abundantísimos, sólidos y en relación unos con otros, sino la claridad, distinción, agudeza y profundidad de la mente, la precisión en la expresión, el orden métódico en la exposición; su aptitud para mantener diálogo seriamente científico con el examinador."
Sorprendente testemuña en defensa do que foi aquel plan de estudos para os mozos e mozas da miña xeración, se autores como Elena Ronzón –El Basilisco, nº 12, Oviedo 1981, p. 52– non rebaixaran o valor da mesma con observacións como esta sobre o ilustre catalán: "extravagante personaje, incondicional del franquismo, mezcla de cristiano-tomista-budista-vegetariano, del que dicen que, tocado con una visera, observaba desde la mesa del Tribunal, provisto de prismáticos, a los amedrentados opositores". Está claro que, cando menos, vai ser máis prudente tomar tales consideracións na súa xusta medida.

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

–I–
Partidarios e detractores intentaron poñer de relevo, respectivamente, as virtudes e os vicios dunha proba académica que, en calquera caso, nacera fundamentalmente como resposta á exixencia da Igrexa da separación pedagóxica na mesma da función docente e examinadora. Punto de vista que claramente intentaba disimular o rechazo a un sistema no que, até entón, todos os estudantes, de centros públicos e privados, tiñan de revalidar necesariamente cada ano o nivel dos seus coñementos diante dun tribunal composto por profesores oficiais de Ensinanzas Medias. Pola súa banda, o Exame de Estado tiña lugar na Universidade e diante dun tribunal composto por profesores universitarios.
Seríamos, endebén, inxustos se intentáramos acusar á Igrexa de escuros intentos de desprestixiar a un recoñecido corpo de catedráticos de Ensino Medio. Con toda claridade defendeu entón o que ela entendía como un dos seus dereitos fundamentais, non só fronte a este profesorado, senón tamén e con toda rotundidade fronte ao mesmo Estado. O Xesuíta P. Gabino Márquez escribía nun artigo publicado no xornal compostelán La Noche –"En torno al Examen de Estado. ¿Cuál de los métodos está más en consonancia con la verdadera libertad de la enseñanza?"– (28/10/1946):
"¿Cuál es la doctrina de la Iglesia en este punto? Pues si la Iglesia ha enseñado algo que se roce con la solución de este pleito, por ahí habría que empezar antes de entrar de lleno en la solución del problema pedagógico."
"Esto es elemental para todos los católicos; y todos, por fortuna, lo somos: Catedráticos oficiales, profesores de Enseñanza privada, periodistas, escritores y técnicos de la Enseñanza. Unos lo proclaman y alardean de ello, otros lo silencian, pero lo sienten."
(...)
"¿Quién tiene derecho a enseñar? Ese es el punto que hoy nos interesa. , la libertad no existe, sobre todo en la enseñanza secundaria; sólo existe la enseñanza oficial. El Colegio particular no es más que una sucursal del Instituto; de él recibe sus programas para seguir su plan pedagógico; sus textos para preparar esos programas, los exámenes para hacer eficaces sus textos y programas, y aún le queda a la Autoridad oficial docente facultad para cerrar los Colegios, cuando no reunen las condiciones higiénicas o pedagógicas a su juicio necesarias>."
Concluíndo:
"Tal es la libertad que del Estado espera la Iglesia si se implanta el examen por asignaturas en el Instituto. Es decir, en ese régimen la Iglesia gozará de libertad teórica; pero el Gobierno ejercerá el monopolio práctico, en vez de defender, amparar y aún proteger la libertad de la enseñanza eclesiástica, como en su encíclica [Divini Illius Magistri] manda el Romano Pontífice."
Quedaba perfectamente claro: o que a Igrexa non estaba disposta a aceptar era unha posible reforma que levara aparellada a desaparición do Exame de Estado e a volta ao antigo sistema coa obriga de que os alumnos de centros privados tiveran que revalidar os seus estudos nun exame no Instituto que se lle sinalara. É dicir: a Igrexa non podía consentir que os seus centros de Ensino Medio non tiveran a mesma categoría académica que os Institutos do Estado. Cuestión esta na que remataría centrándose o debate aberto sobre a oportunidade de suprimir ou reformar o oficial Exame de Estado.

jueves, 24 de diciembre de 2009

O DEBATE SOBRE A LEI DE 1938

Mellor, se pretendemos ser minimamente correctos, deberiamos dicir debate sobre o "Examen de Estado" ou a "Reválida" do plan de estudos de 1938. Sen dúbida, a mesma cousa, pero cós matices necesarios para entender unha revolta que tivo lugar nun momento no que o poder establecido estaba moi lonxe de consentir algaradas que puxeran en sospeita as virtudes de todo o seu quefacer.
Non obstante, como dixemos nunha entrega anterior, a propia sociedade parece empeñarse en disimular as súas verdadeiras intencións incapaz de renunciar intereses que necesariamente van enfrontar os diferentes grupos da mesma. De certo, non fai falta insistir en que a homoxeneidade social nunca é tan absoluta que poida disimular a existencia no seu interior de forzas e grupos que se consideran merecedores de recompensas que, dificilmente, poden alcanzarse sen poñer en evidencia a súa curtidade de miras. A sociedade é dalgún xeito unha repetición da imaxe do individuo.
Non debe sorprendernos, pois, que deseguida, antes de que aquela experiencia de 1938 cumprira unha década, xurdira un acedo debate entre os seus defensores e os seus numerosos inimigos. Non, de certo, con os principios que inspiraron aquela Lei como obxectivo e causa do seu enfrontamento, centrando, pola contra, o seu debate no rechazo dos defectos que facían da proba que poñía fin ao Bacharelato, coñecida como "Examen de Estado" ou "Reválida", un absoluto desatino ou, segundo o bando dos combatentes, un dos maiores acertos pedagóxicos do Réxime.
Paréceme importante lembrar esta contenda social nun momento histórico no que, esquecidas as circunstancias dunha dictadura militar, o clima dun contexto democrático non parece en absoluto capaz de superar o enfrontamento partidista fronte a un proxecto de lei que ten necesariamente de servir de orientación e camiño do noso futuro. ¿Serán, se cadra, os partidos políticos os herdeiros daqueles vellos grupos sociais empeñados en defenderen contra vento e marea os seus intereses máis bastardos? En calquera caso, ¿quen representa hoxe as verdadeiras inquedanzas da sociedade?
Os participantes no debate a que estamos a referirnos foron entón os catedráticos de Universidade e de Ensinanzas Medias, a Igrexa e os estudantes (o SEU, Sindicato Español Universitario). En principio, os tres estamentos con máis evidentes intereses na contenda.
Non é, de certo, pouco relevante o medio no que desenvolveron entón a súa loita estes grupos sociais. Evidentemente, resulta impensable observalos pronunciando mítines ou organizando manifestacións polas rúas. O forno non estaba entón para bolos! Pero souberon aproveitar adecuadamente as posibilidades que ofrecía o Réxime saíndo abertamente aos medios de comunicación –prensa e radio–, participando nas xuntanzas promovidas polo propio Réxime –Congreso de Estudantes– e deixando oír a súa voz dende os púlpitos. Sempre, naturalmente, uns máis ca outros, dende as limitacións que impoñían as circunstancias.

A LEI REGULADORA DOS ESTUDOS DE BACHARELATO DE 1938

Insistamos na nosa teima sobre as posibilidades dunha nova lei de educación. ¿Non cre o lector que a cuestión dunha lei de educación merece a pena un momento de reflexión?
Teño a sospeita de que aqueles que se poidan achegar a estes comentarios dificilmente se van interesar nun problema se cadra tan "virtual" como a necesidade da sociedade de elaborar sistemas educativos que poidan garantir a permanencia do seu modelo de organización social, económica, política, relxiosa... O primeiro que salta á vista, diante de calquera das propostas que coñecemos –diferentes leis e plans educativos–, son, efectivamente, os intereses particulares dos diferentes grupos responsables da súa programación e execución. Naturalmente! Pero, se lle prestamos algunha atención, descubriremos deseguida que por debaixo deses intereses groseiros, superficiais, alentan outras ideas moito máis perigosas e, en calquera caso, moito máis transcendentes. É como se a propia sociedade intentara enganarse a si mesma para alcanzar aquilo que de verdade lle importa. Vexamos un exemplo moi concreto: a Lei de 23 de Setembro de 1938, "reguladora de los estudios del Bachillerato".
Con toda claridade, manifestaba na súa introdución os ideais nos que tal reforma se xustificaba. Literalmente, adiantaba: "La España que renace a su auténtico Ser cultural, a su vocación de misión y de ejemplaridad, a su tensión militante y heroica, podrá contar para su juventud con este sistema activo y eficaz de cultura docente que ha de templar las almas de los españoles con aquellas virtudes de nuestros grandes capitanes y políticos del Siglo de Oro, formados en la Teología Católica de Trento, en las Humanidades Renacentistas y en los triunfos guerreros por tierra y por mar en defensa y expansión de la Hispanidad."
Independentemente do ton propio do momento bélico no que se redacta –Cataluña seguían aínda a resistir a violencia dos militares sublevados contra a República–, quedaba suficientemente explícito o entendemento entre os poderes político e relixioso, así como a vontade de ambos os dous de aproveitaren tan poderoso instrumento de dominio en beneficio dos seus respectivos idearios. A Relixión e a Formación do Espírito Nacional ían ocupar un papel importante no novo Bacharelato.
O contexto social non podía ser máis axeitado ás pretensións dos autores da nova Lei. Nas corredoiras, nas beirarrúas das estradas, en mil fosas comúns... gardaba o silencio da morte calquera clase de oposición crítica. Parecía, efectivamente, que todo coincidía para facer posible a súa permanencia nun longo periodo de tempo, algo, de certo, que non ía acontecer.

jueves, 10 de diciembre de 2009

OUTRA LEI DE EDUCACIÓN

Efectivamente estamos a vivir unha etapa histórica especialmente convulsa, sobre todo, no ámbito da educación. Cada Goberno, cada partido político, cada centro de poder, pretende un modelo educativo diferente. Incluso cada sindicato e cada colectivo, educativo ou simplemente cultural, ten a pretensión de influír no modelo que se teña de deseñar e impoñer.
O pobo ou, se se prefire, a sociedade é consciente dos intereses de todo tipo que se moven arredor dun proxecto lexislativo desta clase. Non en balde do carácter deste van depender, entre outras moitas cousas, a mellora, sempre aprazada, do status do profesorado, unha maior ou menor estabilidade da empresa editorial e o seu complexo universo (autores, tradutores, ilustradores...), o futuro económico dos centros educativos dependentes da iniciativa privada, as posibilidades dunha maior ou menor presenza de determinados grupos ideolóxicos ou relixiosos, etc., etc. Con frecuencia, esquécese que o motivo principal dos desencontros entre os distintos actores destes cambios –diferentes leis– está mesmo na distinta concepción do modelo de sociedade de cada un dos grupos de poder. E, non obstante, abondaría lembrar o carácter exclusivamente relixioso ou político, do primeiro ensino organizado para entender que foi sempre esta condición e non outra a razón fundamental dos desencontros entre os defensores dun ensino público, universal.
Todos, naturalmente, coincidimos en recoñecer a importancia desta conquista, pero non todos, nin moito menos, no recoñecemento do sistema elexido. A evidencia da súa imposición, en cada momento histórico, polas maiorías dominantes descobre deseguida que algo escuro, non desexado, se disimula debaixo da súa bondade. ¿Como poderiamos doutro xeito explicar a oposición crítica de grupos escollidos a un ensino universal que lograra superar a súa condición de instrumento ao servicio exclusivo dos poderes relixiosos e políticos para perpetuaren nos seus herdeiros, respectivamente, clérigos e fillos da nobreza, os valores nos que se xustificaban os privilexios que os facían amos e señores de vidas e de facendas?
A sociedade, como a mesma familia, sinte a necesidade natural da súa continuidade na repetición permanente do modelo que, dende o seu propio punto de vista, xustifica a súa propia existencia. É o que é, segundo a súa propia análise, porque, ao longo do tempo, logrou manter incólume o modelo con que a conformaron os seus antepasados. E sinte que só poderá continuar sendo perpetuando nos seus sucesores –a mocidade, a nenez– ese mesmo e indiscutible modelo. Isto é, e non outra cosa, o ensino, o sistema educativo: un proceso de asimilación dos coñecementos e dos saberes dos maiores en orde a facer posible a continuación e permanencia no tempo do seu modelo de convivencia, de desenvolvemento e de progreso.
Cada grupo social, comunidade humana, organización ou Estado, con poderes suficientes e vontade de futuro, vai intentar, pois, organizar o seu propio sistema educativo, non só como un agasallo para todos os seus compoñentes, senón tamén como unha obriga e un deber. Un don, en calquera caso, que vai favorecer tanto o desenvolvemento persoal do individuo, coma a prosperidade da propia comunidade. E isto, incluso, naquelas situacións nas que os intereses bastardos das clases dominantes impoñen orientacións pouco respectuosas coa liberdade e dignidade dos individuos.
Enténdese, pois, que a complexidade do sistema educativo esixa continuas revisións, non só as impostas polos cambios de ideoloxía no poder, senón as que impón a urxencia de adapatacións do propio sistema aos cambios permanentes do mundo actual. O ensino é unha escola na que o alumno ten de aprender, non só a vivir, a convivir e a traballar, senón tamén a pensar, a sentir, a ser el mesmo.
Intentar despolitizar, desideoloxizar o sistema educativo, constitúe, sen dúbida, un dos máis nobres obxectivos de calquera lexislador. ¡Lástima, en calquera caso, que non pase de ser unha utopía inalcanzable para quen o pretenda de verdade! Sería, incluso, un absurdo pensar que o lexislador puidera lexislar, con vontade de xustiza e preocupación polo ben común, en contra das súas propias crenzas. Só, de certo, podemos confiar na súa capacidade de respecto ao pensamento do outro e, en consecuencia, na súa vontade de alcanzar términos medios que, coas obrigadas renuncias, alcance os termos dun consenso xusto.

viernes, 4 de diciembre de 2009

MIÑAS DONAS, MEUS SEÑORES...

–IV–
Non fai falta ser xornalista de profesión para saber que o primeiro que debe condicionar o exercicio da escritura xornalística é o coñecemento claro, o máis preciso posible, do seu destinatario. Sen dúbida, aos colaboradores de El Correo Cultural. Artes y Letras facíanos unha grande ilusión soñar coa posibilidade dese pequeno lector que, no exercicio desa liberdade que tamén se aprende, se deixa levar pola súa curiosidade para follear o xornal que, con tanta seriedade, lé tódolos días o seu pai, o seu mestre, tódalas persoas que dalgún xeito el admira e intenta imitar. Algunhas das seccións de El Correo Cultural, como "Creación", reservada para escritores mozos, ou a "A voz dos poetas", dedicada a poetas noveles, non terían doada explicación se non se tivera en conta esta preocupación dos seus coordinadores por chegar directamente aos lectores máis novos. Pero non podiamos esquecer que, en xeral, ían ser mesmo as persoas maiores, –os pais, os mestres–, os primeiros destinatrios das nosas páxinas.
Preocúpabanos, evidentemente, acertar na colaboración, dende un periódico, a estimular no rapaz, nese pequeno lector buscador de camiños e, sobre todo, do seu propio camiño –iso que chamamos a madurez–, a necesidade de asumir persoalmente unha certa responsabilidade na elección das súas propias lecturas. Unha preocupación que, tratándose de rapaces de 3 a 15/16 anos –ensinanza Preescolar, Primaria e Secundaria– só dun xeito moi indirecto podía, pensamos, atopar unha solución satisfactoria a través das páxinas dun xornal.
A complexidade deste problema, é dicir, da relación entre a literatura infantil e xuvenil, e o xornal, acrecéntase aínda en calquera intento de precisar o que entendemos e, en xeral, se entende por este tipo de literatura. ¿Que é, de certo, o que define e delimita o que chamamos literatura infantil e xuvenil no contexto da literatura? ¿Acaso a mediocridade do producto ou se cadra o xeño do autor? ¿Debemos quizais entender como literatura infantil e xuvenil aquela que sabe dicir, amablemente, cousas que non firen a donda sensibilidade do neno ou nena, ou aquela outra que lle ensina aos pequenos e máis novos cousas útiles e prácticas? ¿Será só literatura infantil ou xuvenil aquela que lle agasalla ao lector momentos de inxenuo entretenemento ou que se presenta cun claro carácter didáctico? Diante de tales preguntas e outras semellantes, un non sabe, se non, disimular como pode a súa ousadía, cando no máis fondo de si mesmo, pensa, simplemente, que a literatura infantil e xuvenil non pode ser moi diferente da mellor literatura para adultos. Sempre dende o respecto ao principio de que só aquilo que poida entender e, polo mesmo, gozar –o mundo do neno e as súas inquedanzas son diferentes dos das persoas maiores– poden contribuir ao seu desenvolvemento persoal. Nada lle afecta ao neno ou nena aquilo que non lle importa ou que o adulto non lle logra facer atractivo.
En calquera caso, esta literatura, que dicimos para eles, debe ser capaz, coa mesma trascendencia que se lle esixe á literatura sen calificativos reductores, de dar resposta a cada un deles e a cada unha das súas mil preguntas, abrir camiños no tempo, espertar soños e colaborar a desenvolver nos seus corazóns ideais universais de xustiza, de solidariedade, de cobizas dun mundo cada vez máis humano.
Os pais e os mestres deberían, pois, atopar nas nosas páxinas suxerencias que foran máis alá dunha simple valoración artística, literaria... das obras comentadas. Así, pensamos, que, sempre no ámbito do maior respecto á curiosidade e á intelixencia do neno –os nenos non son adultos pequenos, e, moito menos, adultos tontos–, nestas presentacións ao público de libros infantís e xuvenís, era obrigado ter presente a importancia que a lectura ten na conformación da persoalidade do lector, sobre todo a través da enorme capacidade do lector máis novo, para se identificar cos seus personaxes e se confundir cos sus universos.
Un xeito de crítica é, ¿que dúbida cabe?, o silencio. Podiamos, pois, calar ou deixar nun segundo plano obras e autores que non deran resposta axeitada ás cobizas xustas dun lector que puidera intentar buscar nas nosas páxinas unha orientación ou un consello. Particularmente, como xa dixen antes, non teño moi claro nin tan siquera o que é de verdade unha literatura infantil e, ¡non digamos!, unha literatura xuvenil. Pero non me gustan as seleccións nin as adaptacións que disimulan formas de censura –pode que o tratamento máis adecuado sexa nestes casos aconsellar un aprazamento para unha lectura máis rendable da obra tal como a concibiu o seu propio creador–, e moito menos calquera clase de literatura que intenta impoñer un modelo ríxido, pechado, definitivo, de sociedade e, sobre todo, de home, –cada tempo e cada pobo impuxo modelos diferentes dun e doutro e non sempre con acerto–, optando, con sincero entusiasmo, por aquela literatura que cre na creatividade do neno e nas posibilidades do ser humano para loitar por un mundo sempre mellor. Ben que –é obrigado confesalo– que nin a mellor literatura infatil e xuvenil, nin nós mesmos somos, neste sentido, de todo inocentes.
A boa literatura, infantil, xuvenil ou para adultos, ten sempre un sentido didáctico, é dicir, ensina algo, aínda que tal condición non deba nacer mesmo da intención do autor senón do propio carácter da obra, é dicir, precisamente da súa bondade. Con todo, en El Correo Cultural. Artes y Letras non renunciamos nunca o comentario de obras especificamente de carácter didáctico, nin nos amosamos en principio, contrarios a elas, sobre todo, cando o seu obxectivo prioritario era, mesmo, estimular o espírito de iniciativa e de reflexión do lector máis novo. A nosa obriga, tal como nós pensamos, é, nesta función de profesores-periodistas, informar dende a nosa propia concepción do home, coma ser libre, e do mundo, coma obra da solidariedade humana.
Na ilusión sempre de estarmos dalgún xeito contribuíndo, dende unha aula tan impresionante como é, evidentemente, un periódico, a facer máis realidade un ensino que, como adiantaba pouco antes, non esqueza a importancia da súa triple función de ensinar "a vivir, a convivir e a traballar". A convivir e a traballar ensina a escola... A vivir no ámbito da cultura, aguzando a sensibilidade, desenvolvendo a capacidade de admiración e gozo da beleza, espertando cobizas dun mundo máis xusto, máis solidario, máis humano..., convidándo a un permanente reencontro con nós mesmos a través dos camiños debuxados nos soños dos grandes creadores de máxicos universos... ensinan os libros de contos e de historias e de poesía..., os contos, as historias e a poesía.

martes, 1 de diciembre de 2009

UN ESCAPARATE LITERARIO

–III–

Non parece, señoras e señores, que sexa necesario insistir moito na importancia da Literatura Infantil e Xuvenil nos medios de comunicación escrita. Dalgún xeito iso é tanto como voltar sobre a importancia dos propios medios de comunicación escrita, sobre a importancia da literatura e dun modo particular sobre a importancia da propia literatura infantil e xuvenil. Non quixera, endebén, deixar pasar a oportunidade de dicir que, dende o meu persoal punto de vista, un periódico se honra no seu interese polo mundo do libro e, dun modo especial, na súa atención ao mundo do libro infantil e xuvenil, como se honra calquera sociedade, que se estime culta, na súa preferencia por estes temas.
O acontecer humano, de cada día –obxecto fundamental de todo periódico–, resulta mutilado no máis significativo do que constitúe a esencia do ser humano cando se prescinde nese relato do seu quefacer cultural e espiritual, do seu vivir cotián coma home, e das súas inquedanzas coma pai e coma mestre, coma interesado no mundo dos nenos e das nenas, e, en definitiva, no futuro dun mundo máis humano. Endebén, non debemos esquecer, que, en xeral, e, no meu caso moi en concreto, cando se fala das páxinas culturais dun xornal se está a facer referencia a un Suplemento especial, a un Caderno ou mesmo Revista, de periodicidade semanal, quincenal ou mensual, en calquera caso diferente da do "diario". Unha condición que, sen dúbida, determina en boa medida o carácter do seu contido, consentindo, cando menos, que este se aproxime máis ao modo e significado dunha coidada matinación que a un simple relato descriptivo dun momento ou dunha situación.
Quero, neste sentido, salientar que, se dende a perspectiva do colaborador –autor-periodista– esixe unha especial atención no seu modo de traballar e facer, na perspectiva do lector, o Suplemento semanal, representa, diante de nada, un convite ao recreo, un momento de maior placidez, un remanso de reflexión e disfrute. O Suplemento especial do seu periódico é para o lector, antes se cadra ca ningunha outra cousa, un modo, consciente ou inconsciente, de reencontro consigo mesmo, de descubrimento das súas inquedanzas máis descoñecidas: o momento de abrir a fiestra das súas curiosidades a mundos difererentes do seu de cada día.
O mundo infantil e xuvenil, que, evidentemente, non podía deixar de ocupar un posto de especial relevo nunha publicación coordinada e realizada, segundo adiantaba pouco antes, por profesores, tiña, tamén, as súas propias esixencias. Nada de particular, pois, que neste escaparate cultural, artístico e literario, que pretendeu ser sempre, nas súas diferentes variantes, El Correo Cultural. Artes y Letras, mereceran unha atención especial aquelas curiosidades e propostas que, dende o ámbito do Estado e, sobre todo, dende Galicia, estivo a facer nestes últimos dez anos a empresa editorial, neste caso concreto orientadas ao mundo infantil e xuvenil. Ámbito no que tanto autores, coma publicacións, novas coleccións, ilustracións, técnicas de distribución, axudas institucionais, etc., ían, efectivamente, desempeñar un rol moi importante.
Con maior ou menor énfase estiveron, pois, presentes no noso traballo como divulgadores dun labor cultural tan trascendente para o futuro do noso país como a literatura infantil e xuvenil, aspectos, aparentemente, tan secundarios, como o papel dos ilustradores, o significado e protagonismo das cores, a clase de papel empregado e os formatos elixidos en cada caso. Aínda que foron outras as preocupacións máis importantes para o equipo de colaboradores de El Correo Cultural. Artes y Letras, nunca estiveron ausentes ningún dos aspectos menores que desempeñaran algún papel na relación entre o lector e o libro infantil e xuvenil.