-II-
O exame nos Institutos públicos dos alumnos de Ensinanzas Medias dos centros privados dependentes de institucións relixiosas ou laicas deixaba a estes nunha situación de clara dependencia con relación aos primeiros. Para o ensino privado nunca foi unha xustificación suficiente da súa dependencia do ensino público o feito de que o profesorado deste último accedera ao mesmo a través da superación dunha máis que dura oposición. A mesma acusación da existencia no ensino privado dun profesorado sen a titulación adecuada, non pasaba de ser, na maioría dos casos, unha cuestión derivada da loita da Igrexa polo recoñecemento oficial dos títulos concedidos polas Universidades Pontificias. Cuestións, en calquera caso, que disimulan razóns moito máis profundas e escuras, aínda que por motivos evidentes, nin uns nin outros utilizaron nunca como armas nesta contenda case doméstica. A defensa do prestixio dunha clase –enténdase profesorado oficial– ou a ineficacia dunha proba inadecuada –léase "Exame de Estado"– foron, con todo, razóns suficientes para que figuras do máximo relevo, partidarias dunha e doutra opción –conservar o Exame de Estado tal como estaba, reformalo adecuándoo aos novos tempos ou, simplemente, substituílo– saíran á palestra e defenderan publicamente con verdadeiro apaixoamento os seus particulares puntos de vista.
Consciente da súa situación neste conflicto, escribía o xesuíta P. Pablo Pardo, "Doctor en Ciencias", nun artigo publicado en La Noche de Santiago –"En torno al Examen de Estado. No queremos lo de antes"– (30/10/1946):
"Hasta nos parece improcedente tomar en consideración o intervenir en una polémica que no puede existir en el actual estado de cosas, y debajo de una autoridad indiscutible que es la que hoy, gracias a Dios, nos gobierna. Sin ánimo de discutir por tanto, exponemos lisa y llanamente sobre cuestión tantas veces agitada."
(...)
"Existen instituciones oficiales e instituciones privadas, y no sólo hay, como es patente, sino que debe haber entre unas y otras noble emulación y deseo de superarse. En ello está la clave del progreso. Pero por eso mismo, ninguna de las dos instituciones debe ser a un tiempo juez y parte. Si el profesorado oficial es el que califica y da títulos a sus propios alumnos y, también, a los que no han pasado por sus aulas ni han escuchado sus lecciones, es muy de temer, es completamente humano, que no se aplique la misma medida a unos y otros, y que automáticamente se establezca, como ocurría antes, aunque no siempre, la doble medida."
"Esto es lo que no queremos que vuelva."
Como na famosa comedia de Lope de Vega, El perro del hortelano, xa que aos títulos dados pola Igrexa se lles esixía, cando menos, profesores coas mesmas titulacións que aos que concedían as institucións públicas, o ilustre sexuíta non dubida en manifestar abertamente a súa preferencia por un tribunal alleo, incluso para aqueles "que no han pasado por sus aulas ni han escuchado sus lecciones", pero que iguale aos alumnos das institucións oficiais e os alumnos das institucións privadas. Mal de moitos...
Por outra parte, para os seus defensores, as virtudes de tal proba eran tales que o catalán Pedro Font Puig, licenciado en Dereito e doutor en Filosofía, catedrático de Lógica Fundamental e de Psicoloxía Superior, non dubida en confesar nun artigo publicado no Diario de Barcelona e reproducido integramente en La Noche de Santiago de Compostela (29/10/1946):
"Puedo asegurar que en los exámenes de Estado he visto ejercicios escritos y oído ejercicios orales como jamás hubieran hecho los más excelentes alumnos formados con arreglo al plan de 1933. El más profundo entusiasmo ha conmovido mi espíritu y mi corazón de viejo maestro al oirlos. A los hombres de mi generación nos parece imposible que a los dieciseis o diecisiete años se pueda haber llegado a tal grado de formación. No es sólo maravilloso su caudal de conocimientos, abundantísimos, sólidos y en relación unos con otros, sino la claridad, distinción, agudeza y profundidad de la mente, la precisión en la expresión, el orden métódico en la exposición; su aptitud para mantener diálogo seriamente científico con el examinador."
Sorprendente testemuña en defensa do que foi aquel plan de estudos para os mozos e mozas da miña xeración, se autores como Elena Ronzón –El Basilisco, nº 12, Oviedo 1981, p. 52– non rebaixaran o valor da mesma con observacións como esta sobre o ilustre catalán: "extravagante personaje, incondicional del franquismo, mezcla de cristiano-tomista-budista-vegetariano, del que dicen que, tocado con una visera, observaba desde la mesa del Tribunal, provisto de prismáticos, a los amedrentados opositores". Está claro que, cando menos, vai ser máis prudente tomar tales consideracións na súa xusta medida.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario