viernes, 15 de enero de 2010

O DEBATE SOBRE O FAMOSO "EXAMEN DE ESTADO" EN LA NOCHE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA



–e VII–
O que este debate acabou poñendo prioritariamente de relevo foi, sen dúbida, o seu carácter aberto, e o interese na participación do mesmo daqueles que de verdade teñen a responsabilidade de opinar intelixentemente sobre unha cuestión desta clase, é dicir, o profesorado, e, naturalmente, o público, é dicir, os lectores de La Noche. ¿Non se trataba, se cadra, dunha cuestión da máxima trascendencia para os estudantes, os pais e a sociedade? Sorprende, de certo, que, nun contexto político como no que tivo lugar esta experiencia cidadán, a situación da Ensinanza Media espertara, endebén, tanto interese nos responsables dun xornal como La Noche. Sen dúbida, non eran tempos para debatir sobre moitas cuestións. Pero isto non diminúe, en absoluto, o mérito desta publicación compostelá no seu liderato en Galicia deste interesantísimo debate. O lector interesado pode descubrir algúns dos segredos deste comportamento de La Noche no estudo introductorio á edición facsimilar do seu Suplemento del Sábado (Publicacións do Centro de Investigacións Lingüística e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela, 1996).
De certo, outros profesores preferiron nestas circunstancias, como sempre acontece, o cómodo silencio ou, simplemente, unha reflexión menos comprometida, máis literaria... O 7/10/1947, o inesquecible e bondadoso don Paulino Pedret Casado publicaba un artigo con este título tan expresivo: "Una confesión sin importancia. La "tragedia" de la Reválida." Despois de deixar claro que, en realidade, el non estaba "disconforme con los que opinan que el que examina debe ser otro que el que enseña", escribe:
"Lo ciertto es que estos exámenes crean una situación muy triste para mi. Y no me refiero a las penas sin número que por carta o en visita los familiares de los examinandos me cuentan: el cáncer del padre, la fuga de la madre, y tantas otras lacerías más. Lo que de veras me entristece es ver tantas ilusiones tronzadas en frescas cabezas juveniles, tantos dispendios en vano de los pobres padres, tantos trabajos perdidos sin fruto, por la gota que ha hecho desbordar el agua del vaso, el justo suspenso de un profesor consciente de sus deberes."
Outros, pola contra, aproveitaban para poñer ao descuberto disimulos e hipocresías inconfesables. O artigo de Luis Monteagudo, "La reválida o la selección al revés", con el subtítulo "Nolite iudicare", resulta tan duro que case non acertamos a entender como foi posible a súa publicación. Até dúas veces insiste o director de La Noche en que "los juicios expuestos por el autor del artículo son suyos y no nuestros, y que sin prejuzgarlos, si hallan espacio en nuestras páginas, es porque los avala la firma responsable de un miembro del tribunal examinador". Seleccionamos só un dos parágrafos finais. Di así:
"El triste resultado de todo esto (y un poco más) es que la selección se efectúa al revés: con honrosas excepciones salen adelante los chapones (el Homo chapiens, no el sapiens) que por su memoria y a costa de su inteligencia y de su salud (la mayoría de los examinandos llegan escuálidos a la tarima) logran que el examinante no descorra el tapete superficial, aunque extenso, de sabiduría con que encubren una profunda ignorancia y falta de formación integral. De todos son conocidos suficientes casos que comprueban nuestro aserto."
O xornal La Noche, que remataría cansándose de manter vivo tal debate sen ningún resultado práctico (que non foran as advertencias da Autoridade competente), chegou non obstante a participar incluso no mesmo dun modo directo. A iniciativa dunha enquisa encabezada polo rótulo "En la Universidad o en el Instituto?, aínda que non tivo un grande éxito, non deixa de ser profundamente significativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario