martes, 5 de abril de 2011
XOSÉ NEIRA VILAS: "O HOME DE PAU"
A cidade ollada como preocupaci¢n ‚ un tema moi antigo no ámbito da literatura. Frei Antonio de Guevara, o culto bispo de Mondoñedo do século XXVI, cita no seu famoso tratado Menosprecio de corte y alabanza de aldea un bo número de exemplos clásicos de grandes homes que abandonaron a cidade pola vida retirada.Otero Pedrayo, dende unha perspectiva moi diferente da de Guevara claro seguidor do tópico renacentista do Beatus Ille, atopou, na defensa da aldea, como modelo da cidade do futuro, un dos camiños máis frúctíferos do seu pensamento cara a unha Galicia moderna, respectuosa coas esencias da súa identidade.
O home de pau, de Xosé Neira Vilas, representa un terceiro grao neste proceso de achegamento á realidade da cidade dende
unha perspectiva galega. Unha reflexión sobre "o previsible destino das actuais cidades", na que, nembargante a súa clara condición de obra de arte -"fóra desta sinxela cavilaci¢n parabólica, o demais son contos"-, o autor non logra desimula-las
súas fondas preocupacións sociais e agudo sentido crítico fronte,por exemplo, ó desexo de paz e molicie, que movía a obra de Guevara, ou ó desacougo que producía en Otero a contemplación da ruína do mundo dos antigos fidalgos.
Un pequeno suceso, unha simple anécdota da vida cotián, sírvelle ó autor para desencadea-las forzas que ocultan o verdadeiro significado desa realidade témera que é a cidade. Un mundo no que o home perdeu canto "lle quedaba do que nun tempo fóra", decatándose á fin de que "definitivamente, era de pau" -no primeiro relato-, ou, sen sabelo, como aquela "alma de tendereteiro" de "Unto", tan adaptado, que ata o seu nome se confunde coa súa teima de feirante, ou o mesmo Rod, "o chirico aduanante" de "Coches". Unha "rolda de gurras e competencias" -"O parvo"- na que s¢ os perdedores, -os parvos-, acadan albisca-lo verdadeiro sentido desta realidade.
Un mundo gobernado polos anuncios -"come, bebe, fuma,recupera a saúde, viste, calza"...-; polo papel -"Papeis"-; polos reloxos, "pois sen hora" -"Reloxos"- fica "a cidade desnortada,perdida no tempo"-; ou por un "calimbornio de vintesete andares"
-"Babel S.A."-, "un mundo dentro daquel mundo que era a cidade". Un mundo, en fin, de poleiros de cemento, no que -"Casa"-"se segue chamando casa" a un "tobo-gabia-campa-fenda, un burato",e na que os cans poden chegar a sustituí-las persoas, como
naquela de Tolobre que agora se chama "Cadelandia".
"E medrou, e "seguía medrando -"Alameda"- a xeito de cárcere monstruoso", aquel mundo "emborrallado de dióxido de carbono e outras porcalladas afíns" -"Fumes"-; aquela "martabela xigante",unha feira inmensa, un mundo entolecido" -"Decibelios"-; aquel mundo "de bruídos e sen foros -"O xigante Med"-, de pregoeiros e fumes", agora a punto de "desaparecer, ou pouco menos -"Folga"-, na súa propia inmundicia, na súa abondosa merdallada, e nas porriñadas que ela mesma xera e recada".
Unha colección de quince relatos dun escritor que nos sorprende, sempre, co fermoso milagre de disimula-lo máis grande e trascendente debaixo da forma máis sorprendetemente sinxela.
En Xerais, col. Narrativa, con espléndidas ilustracións de Siro.
M. QUINTÁNS S.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario