martes, 5 de abril de 2011
"NO VENTRE DO SILENCIO" DE FERRÍN
Un non pode evitar enfronta-la lectura dunha nova obra dun
autor consagrado sen os prexuízos propios do que agarda un novo éxito ou, ben ou mal
intencionado, un sinal dun esmorecemento ou desmaio no seu esforzo
creador. Fronte ós escritores máis novos, ¢s soñadores dunha
gloria que se demora, o sentimento do lector, máis seguro na súa
valoraci¢n crítica, é‚ evidentemente, de todo moito máis esperanzado e optimista.
Cada aparici¢n pública de Xosé Luis Méndez Ferrín, mestre
indiscutible dunha xeraci¢n que se atopa actualmente no cumio dos seus mellores soños e que, en calquera acaso, está a acada-los maiores éxitos
no campo da literatura galega, está, sen dúbida, a representar un acontecemento cultural de primeira liña. Non só, de certo, para os homes e mulleres da súa xeración, senón tamén para todos os mozos e mozas, rapaces e rapazas, que se inician no campo das letras galegas, soñadores todos e todas de mundos moito máis fermosos, moito máis xustos e moito máis libres.
Co mesmo alento e co mesmo espírito creativo dos seus primeiros traballos literarios, cada nova obra súa, é, de certo, unha renuncia de camiños xa andados, un fermoso convite de experiencias insospeitadas.
No ventre do silencio non é, de certo, unha novela fácil,como non o é ningunha obra de Méndez Ferrín, nin cando soña
futuros, que míticos pasados berran -pensemos na súa insistencia na "materia de Bretaña"-, nin cando, como agora -relatos testemuño-, esperta tempos e lembranzas, que dormen no silencio do noso voluntario esquecemento. Tempos e lembranzas, que,
despois de tantos anos, abrollan das fendeduras e dos laños, que,como a invisible narradora de No ventre do silencio sospeitaba que "en calquera intre, darían en afondar até se converteren en
abismos dos cales tranquilamente era capaz de que fumegasen fétidas solfataras tornasoladas". Só, efectivamente, se podía decatar de tal perigo "aquela xente que, privilexiada pola natureza, soe estar espreita e ten poderes para percibir os
cataclismos". Nin tan sequera foi posible descubrir ent¢n o significado de que "nas marxes fétidas do Sarela ao seu paso polo Carme de Baixo, alguén tiña detectado unha estraña excitaci¢n entre os ratos".
Pode que tamén o lector, como a narradora de No ventre do silencio, descubra no intre da súa lectura a compaña dunha Palmira, "unha luz mate, non como aquelas iridiscencias que ás vegadas nimban as figuras do
recordo", sen¢n como unha raiola que nos aloumiña a man e nos obriga "a voltar un día e outro sobre o pasado, para o facer renacer". En calquera caso, No ventre do silecio ‚ un convite a peregrina-la Compostela dos anos cincuenta na compaña duns personaxes que, como a mesma cidade, nos gustaría, se cadra,cree-los pantasmas como a Rúa da Balconada.
Corenta e dous capítulos-esceas na que as rúas, as casas de lenocinio, as tabernas, os guateques nas mansi¢ns da burguesía, os bailes no Castiñeiriño... son espacios e momentos dramáticos dunha representaci¢n teatral. Máis ca tempos dunha historia ou dun acontecer, os capítulos de No ventre do silencio son, de certo, como na prosa narrativa de Valle-Inclán segundo Bousoño,fermosas acotacións teatrais do espectáculo duns anos nos que,
como nos confesa a mesma narradora, todos fixeran a témera "aprendizaxe da morte, do silencio".
Un Méndez Ferrín, en fin, que se amosa en cada nova entrega ós seus lectores, como un verdadeiro agasallo artístico, ofrecendo nesta ocasión unha razón máis do por qué da alta consideraci¢n de que goza no ámbito das letras galegas.
M. QUINTÁNS S.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario