domingo, 5 de febrero de 2012
UNHA TRADUCIÓN DE REBECA QUINTÁNS LÓPEZ
A SUIZA DE ESPAÑA DE ANNETTE M.B. MEAKIN
"Lugar mais hermoso
No mundo n'hachara
Qu'aquel de Galicia,
Galicia encantada!"
Rosalía de Castro
Con 105 ilustracións e un mapa. Publicado por primeira vez en 1909. Traducción: Rebeca Quintáns López.
ESTE VOLUME ESTÁ RESPECTUOSAMENTE ADICADO A MAXESTADE VICTORIA EUGENIA, RAÍÑA DE GALICIA
NOTA PREVIA
Toda tradución é en si mesma un reto. Pero diante de nada esixe –penso- unha total identificación do traductor co pensamento e aínda co espírito do autor que se pretende traducir. Non é esta de certo unha cuestión de doada solución. Pero en calquera caso, aínda no suposto de ter logrado unha solución adecuada para a mesma,quedarán sempre as dificultades formais, esas diferencias de identidade entre cada unha das dúas linguas -a orixinal e a empregada na tradución- empeñadas sempre en manter, por riba de tódolos esforzos do tradutor, a sú a propia personalidade. Diferencias que evidentemente son máis acusadas entre unha lingua coma o inglés, do tronco anglosaxón, e unha lingua coma o galego, da familia das linguas romances.
No noso caso, aínda tratándose dun texto no que claramente predomina o interese do contido sobre calquera outra preocupación sobre o estilo de Annette M.B. Meakin, pensamos que o lector nos agradecería o esforzo de respectar no posible aqueles indicadores lingüísticos que, sen constituíren na tradución un atentado contra a nosa lingua, permitiran recoñecer o ánimo e o entusiasmo co que a autora, vítima en moitas situacións do seu apaixoamento, intenta contaxiarno-la súa fonda admiración e devoción por Galicia. Unha solución, sen dúbida, polémica, pero que nos permite cando menos compracernos co profundo sentimento romántico co que M.B. Meakin, muller dunha grande agudeza intelectual, extensa cultura e exquisita sensibilidade, estudiou e amou este privilexiado recuncho da Península ibérica. Respectamos, neste sentido, moitos dos xiros e construcións da autora, e, incluso, a súa puntuación. As nosas correccións non van máis aló das que nos impoñen as esixencias propias dun emprego correcto da lingua galega ou, nalgúns casos, os menos, dos que nos aconsellou a necesidade dunha maior claridade comprensiva do texto orixinal.
Con esta decisión agardamos simplemente non lle ter usurpado ningún protagonismo a persoa que de verdade lle corresponde enteiramente, a autora, reservando para nós a
honra, non pequena, de servirlle de introdutores, máis ca de tradutores, diante dun público que, sen dúbida, vai gozar enormemente coa súa gratísima compaña.
Adiantamoso suxestivo índice da obra, coma un convite, pensamos que irrenunciable, a visitar e disfrutar con esta autora un mundo que é parte de nós mesmos.
ÍNDICE:
I. GALICIA A
II. A XEOGRAFÍA DE GALICIA
III. A PRIMEIRA IDADE DE OURO
IV. O 'SALVE REGINA'
V. A LINGUA DE GALICIA
VI. ROMEIROS DE SANTIAGO
VII. A ARQUITECTURA DE GALICIA
VIII. A CATEDRAL DE SANTIAGO
IX. O PÓRTICO DA GLORIA
X. CAPITEIS ESCULPIDOS
XI. O HOSPITAL REAL
XII. A COLEXIATA DE SAR
XIII. A CORUÑA
XIV. EMIGRACIÓN
XV. ROSALÍA CASTRO
XVI. SANTIAGO DE COMPOSTELA
XVII. FAUNA DE GALICIA
XVIII.PADRÓN
XIX. A FERMOSÍSIMA NOIA
XX. PONTEVEDRA
XXI. VIGO E TUI
XXII. OURENSE
XXIII.MONFORTE E LUGO
XXIV. BETANZOS E FERROL
XXV. OS GRANDES MOSTEIROS DE GALICIA
XXVI. ÁRBORES, FROITOS E FLORES
XXVII.DIVES GALLAECIA
BIBLIOGRAFÍA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
onde podo conseguir o libro?
ResponderEliminar