Voltamos de novo ao noso BLOG, nesta ocasión, cunha tradución cun dos relatos máis fermosos da lieteratura universal. Sobre el xa tiñamos escrito:
"Estamos diante dun espléndido agasallo do Profesor de Lingüística Indoeuropea na Universidade de Santiago de Compostela José Virgilio García Trabazo, autor da edición literaria, tradución, estudo e notas dunha das xoias máis estimadas da literatura hindú do século V, publicada na coidada colección “Oriente” de Ediciones Akal. Fermosa “historia de amor da máis excelsa parella divina”, o deus ´Siva e a deusa Pârvâti, da que nacería, aínda que o poema, na parte que corresponde ó famoso poeta Kâlidâsa, remate na apaixonada entrega da deusa ó amado, o nacemento de Kumâra, “o Deus da Guerra”.
Para os devotos da literatura popular de tradición oral, Kumârasambhava, é simplemente unha das varias versións, sen dúbida a máis fermosa e acabada, dunha longa tradición xa recollida en poemas anteriores tan famosos como o Râmâyana, do non menos famoso poeta Vâlmîki, e do Mahâbhârata. Un mundo que, a través de camiños tan longos e arredados, nos conecta, endebén, coas raíces dalgunhas das nosas narracións populares máis coñecidas.
A presente edición ten sobre todo o mérito, dende o noso punto de vista, de aparecer acompañada dun rigoroso e profundo estudo de máis de cincuenta páxinas dunha das etapas máis curiosas e suxerentes da literatura clásica india, con especial atención a tres aspectos fundamentais para un mellor achegamento ó verdadeiro sentido desta obra, “La literatura india
As notas a pé de páxina, que ocupan aproximadamente o mesmo espacio que o texto da obra, “pretenden –en palabras do propio editor literario- servir de ayuda para la comprensión de elementos culturales ajenos a un lector occidental”, con aclaracións de nomes propios e comparacións de pasaxes con outros de Kâlidâsa ou doutras obras da literatura india, prestándolle especial atención a algúns comentarios do texto da obra, “que a lo largo de los siglos se han ido consagrando como clásicos, de tal manera que en la mayoría de las ediciones indias se editan junto al propio texto del poema”.
Finalmente, a edición péchase cun apéndice sobre a métrica do poema, unha completa táboa bibliográfica e dous índices, un de nomes propios, que remite ás estrofas nos que aparecen citados, e outro de pasaxes, con remisión á estrofa correspondente e á páxina do estudo introdutorio ou nota.
Kumârasambhava é un poema épico-lírico do autor máis famoso da literatura clásica india.
M. QUINTÁNS S.
No hay comentarios:
Publicar un comentario